lunes, 24 de mayo de 2021

LETRAS GALEGAS 2021 (Xela Arias)

     Queremos compartir as actividades realizadas polo alumnado do Centro para conmemorar á homenaxeada deste ano, Xela Arias.





Tamén recitamos o poemario "Diario a diario" no patio do Centro, para o alumnado.

  

       

Por último, o alumnado de 2º de Primaria expón o traballo de Xela Arias.



viernes, 30 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO 2021. Colaboración coa Biblioteca Municipal de Caldas de Reis

     Unha das actividades que organizou a Biblioteca Municipal de Caldas de Reis para celebrar o #díadolibro, foi invitar ao contador de historias Felipe Díaz ao noso Centro, presentando o seu espectáculo "Un libro baixo a almofada", destinado para o alumnado de 3º de Primaria.

    Queremos agradecerlles que contaran co noso Centro para esta actividade.


 

DÍA DO LIBRO 2021

    Para conmemorar o Día do Libro deste curso, retomamos a actividade de Madriñas e Padriños lectores, levada a cabo polo alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria.



    Ademais, as nenas e nenos de 3 anos recoméndannos o conto "Un becho estraño", da editorial Kalandraka.

    
    Outra das actividades realizadas é o teatro de sombras do grupo Diversombras, formado polo alumnado de 1º de Primaria, que representan o conto "Elmer, outra vez".

viernes, 26 de marzo de 2021

DÍA DA POESÍA 2021

    O alumnado de 1º e 2º de Primaria recitan poesías de Manuel María.


    As nenas e nenos de 3 anos recitan unha poesía de Antonio García Teijeiro.

viernes, 5 de febrero de 2021

DÍA DA PAZ 2021

     Actividades realizadas coa colaboración do Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares, así coma co Equipo TIC, para conmemorar o Día da Paz.

Canción Imagine (Imaxina), versionada polo alumnado do Centro.


As nenas e nenos do Cole contan a historia do libro "Eu son Malala".


O grupo de teatro "Encantasombras", de 2º de Primaria, presentan a súa obra de teatro de sombras "Elmer".

viernes, 15 de enero de 2021