Pechamos os libros deste curso, pero as historias quedan con nós.
Esta semana damos por finalizado o servizo de préstamo e o programa de "Mochilas Viaxeiras" deste ano escolar. Foi unha auténtica marabilla ver as caras dos nenos/as ao coller un conto novo, ou ao contar as aventuras que vivistes coas mochilas que pasaron por tantos fogares.
Lembrade: É o momento de devolver todos os exemplares pendentes para que estean listos para o vindeiro curso.
Hoxe tivemos una visita moi especial: o escritor Miguel Anxo Alonso Diz, autor do libro "O país da choiva"de Antela Editorial, o cal o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria estivo traballando durante este trimestre. Foi unha oportunidade única para coñecer de preto o autor, compartir impresións sobre a obra e resolver as dúbidas e curiosidades que xurdiron ao longo da súa lectura.
Este curso as ondas da nosa radio guían todo o que facemos, e os murais do cole van mudando de forma segundo a temática que sintonizamos. Hoxe, o noso dial detense na vida e na obra de Begoña Caamaño.
Cada ciclo do cole puxo a súa creatividade para dar forma a esta homenaxe, e neste vídeo recollemos o espectacular resultado final coa mellor banda sonora posible.
Dálle ao play, sube o volume e sintoniza co orgullo polo noso!
"Descubrindo a Begoña Caamaño" é un
podcast do alumando de terceiro de primaria co que celebramos un día moi
importante paraa nosa escola: o día das letras galegas 2026. Este ano asícase
esta data á escritora e xornalista Begoña Caamaño. Neste traballo conoceremos
un pouco máis a fondo a esta autora galega, a súa vida e a súa obra.
Nesta data conmemoramos a nosa lingua, o galego, un patrimonio inmaterial moi importante para todos e todas as galegas e os galegos. Neste pódcast celebramos esta data cun programa sobre Begoña Caamaño, a escritora seleccionada este ano pola Real Academia Galega para celebrar a súa obra e a súa vida. Agardamos que vos guste e que sirva para coñecer un pouco mellor a esta autora galega.
Xa chegou a gran cita co galego! Este venres 15 de maio, o Aparcadoiro da Tafona converteuse no epicentro da nosa lingua.
Ás 10.30 deu comezo a XII Festa da Lingua cos colexios e institutos da zona.
A partir das 12.25 houbo unha emisión en directo do programa "Hoy por Hoy" da Cadena SER (Pontevedra-Arosa). Radio en vivo desde a Festa!
Tamén tivemos música en directo co grupo The Rapants para poñerlle ritmo a esta xornada tan especial.
A palabra BICO foi o fío conductor da festa da Lingua 2026. Este vídeo recolle un resumo da microcreación elaborada por Educación Infantil e que foi reproducido durante a Festa da Lingua.
Nesta creación o alumnado quixo homenaxear a súa vez a Begoña Caamaño.
Así foi a proxección en directo plena festa!
Ás portas do Día das Letras Galegas, así é como as novas xeracións celebran a Lingua: microcreacións, micropoemas, microrelatos, monólogos e moita música! Pero nesta festa tamén celebramos a homenaxe á bibliotecaria Cris de Caldas e, como broche final, máis de mil alumnos alumnos bailaron ao son da banda The Rapants.
Velaquí a actuación musical da nosa escola!Un aplauso para á nosa rapazada que o fixo marabillosamente!
Manuela Velo foi a encargada de representar ao noso centro co seu micropoema. Estades desexando vela recitando o seu poema?
Aquí podedes ver o seu momento. Bravo Manuela!
E como broche final... as imaxes falan por sí soas!
A Festa da Lingua deunos momentos marabillosos. Despois de compartir os vídeos do gran talento que temos no colexio, hoxe deixámosvos unha escolama fotográfica cos mellores momentos e os sorrisos máis auténticos da xornada.
Porque a nosa lingua fálase, cántase, escríbese... e tamén se celebra co corazón!
Xa recibimos o lote de libros do Segundo Premio José Hermida de radio escolar. Hoxe contamos coa visita de Kalandraka Galicia na nosa biblioteca escolar. Moitas grazas pola visita e polos libros!
Este mes recibimos no cole a maleta "Ponte a Zero" da biblioteca e centro de documentación ambiental do CEIDA. Puidemos gozar de libros informativos e literarios sobre a temática dos residuos, a compostaxe e os hortos escolares. Este programa, desenvolto polo CEIDA e pola Deputación de Pontevedra, ten como obxectivo conciencia á comunidade escolar sobre a problemática do lixo e da reutilización dos residuos.
Hoxe o noso patio transformouse nun escenario de fantasía coa actividade "Madriñas e padriños lectores". baixo a sombra das árbores e en contacto directo coa natureza, os nosos maiores convertéronse en guías de historias incribles para os máis pequenos. Dez puntos de contacontos diferentes enchéronse de sorrisos, ollos abertos de asombro e moito cariño. Ver aos nenos e nenas compartir este tempo de lectura ao aire libre é marabilloso.
Con motivo da celebración do Día do Libro tivemos a sorte de contar no cole coa presenza dunha gran escritora: María Canosa.
O noso alumnado desfrutou moito coa actividade. Puideron facerlle preguntas, comprender a orixe do libro que leron na aula, recibir un autógrafo da escritora e mesmo facerlle unha entrevista na radio escolar no programa Micro Aberto.
Micro Aberto é un programa especial de Radio CLementina adicado a entrevistas con persoas que visitan o noso centro ou que están relacionadas con actividades que se realizan ao longo do curso. No cuarto capítulo tivemos unha convidada especial : María Canosa, quen traballou como enxeñeira e foi Directora de Proxectos no Centro de Coñecemento da Costa da Morte. desde os seus inicios profesionais compaxinou a súa faceta de enxeñeira coa de escritora, así como a de guionista de distintos programas da TVG. Dalgunhas das súas obras fixéronse adaptacións teatrais.
Colabora como articulista en La Voz de Galicia, e foi contertulia en varios programas radiofónicos da Radio Galega e Radio Voz. Ocupou o posto de "experta" en letras no concurso Cifras e Letras da TVG, desde setembro de 2011, ata principios de 2013, cando deixou de emitirse o concurso. Cifras e Letras foi substituído polo concurso Verbas van, no que tamén ocupou o posto de experta. Actualmente mantén esta actividade no programa Coma un allo.
Recibiu distintos premios literarios, entre os que destacan o Premio Merlín de Literatura Infantil, convocdo por Edicións Xerais, no ano 2017, pola obr Muriel.
¿Recordades a exposición fotográfica que fixeron os nenos e nenas de Educación Infantil para o Día das Artes Galegas? Aquelas fotos en branco e negro, con marcos dourados, que seguían a pegada de José Suárez e o seu can Mambrino...Pois fomos un paso máis alá!
Aquela "Ollada de amizade" non só quedou colgada na parede. Convertémola en literatura.
Hoxe, polo Día do Libro, o alumnado de Educación Infantil por fin ten nas súas mans o resultado dunha viaxe creativa onde eles mesmos e as súas mascotas son os protagonistas. Hoxe, marchan para casa con este tesouso baixo o brazo e un marcapáxinas de recordo.
Hoxe, 1 de abril, Día das Artes Galegas, queremos compratir un proxecto que nos roubou o corazón. Como fixo no seu día José Suárez co seu inseparable can Mambrino, as nosas familias de infantil sacaron a súa cámara para retratar a amizade máis pura. Despois de traballar coas fotografías na aula e buscar información sobre o fotógrafo, o alumnado de Educación Infantil preparou a súa exposición homenaxe a José Suárez: "Olladas de amizade: seguindo o rastro de Mambrino", un percorrido en branco e negro por esas relacións tan especiais coas súas mascotas. Unha homenaxe a vida e a compaña, incluindo tamén un recordo moi especial para as mascotas que xa non están con nós pero que seguen vivas na nosa memoria.
O Día da Poesía foi establecido pola UNESCO para promover a lectura e a creación literaria en todo o mundo. E que mellor xeito que celebralo que co talento do noso alumnado? Os nenos e nenas de cuarto de educación primaria agasalláronnos cun recitado moi especial: un poema de Emilio Santamarianas ilustrado por eles mesmo con moito agarimo. Ademais , hoxe tamén festexamos o Día da árbore. Por iso, os nosos alumnos e alumnas escolleron un poema que fala do carballo, a nosa árbore por excelencia e símbolo galego de forza, resistencia e vida. Agardamos que vos guste tanto como a nós!
Ademáis, o alumnado de educación primaria realizou unha actividade ben fermosa para conmemorar este día. A proposta consistiu na creación dun poema, no que o alumnado puido dar renda solta á súa creatividade e expresar as súas emocións a través das palabras. Todos os participantes tiveron a oportunidade de formar parte dun concurso, facendo da actividade unha experiencia aínda máis motivadora e enriquecedora. Esta proposta foi aberta tamén ás familias e profesorado e gustounos moito a súa participación. Deixámosvos un video resumo da actividade e a continuación a Gran Gala da Poesía 2026 retransmitida en Radio Clementina.
Logo da visita guiada á Biblioteca de Caldas, o alumnado de sexto de educación primaria, participou nun xogo de pistas, por equipos, para atopar "libros despistados".
Hoxe a coordinadora da biblioteca, Vanesa Barcala, asistiu a o Encontro PLAMBE 2026 que reúne ás máis de 900 persoas coordinadoras dos centros educativos.