viernes, 19 de diciembre de 2025

Recomendacións de lecturas

Ler é unha forma divertida de aprender e de desfrutar do tempo libre. Por iso, desde o equipo de Biblioteca queremos reomendarvos algúns libros para fomentar a lectura, a imaxinación e a creatividade.

Esta selección de libros esta feita para prelectores/as, primeiros/as lectores/as, lectores/as autónomos/as e lectores/as expertos/as.












viernes, 12 de diciembre de 2025

Visita á Biblioteca Pública Municipal de Caldas de Reis (Educación Infantil)

Os nenos e nenas de Educación Infantil deron un paso importante fóra da aula, coñecendo de preto a Biblioteca Municipal de Caldas de Reis.
Esta actividade é clave para coñecer recursos da comunidade, fomentar hábitos de lectura e o uso de espazos públicos e desenvolver a curiosidade e a imaxinación. Exploraron os andeis con curiosidade, escoitaron contos cos ollos moi abertos e aprenderon o importante e divertido que é coidar os libros.