martes, 19 de mayo de 2026

Letras Galegas 2026

Este curso as ondas da nosa radio guían todo o que facemos, e os murais do cole van mudando de forma segundo a temática que sintonizamos. Hoxe, o noso dial detense na vida e na obra de Begoña Caamaño.
Cada ciclo do cole puxo a súa creatividade para dar forma a esta homenaxe, e neste vídeo recollemos o espectacular resultado final coa mellor banda sonora posible. 
Dálle ao play, sube o volume e sintoniza co orgullo polo noso!


"Descubrindo a Begoña Caamaño" é un podcast do alumando de terceiro de primaria co que celebramos un día moi importante paraa nosa escola: o día das letras galegas 2026. Este ano asícase esta data á escritora e xornalista Begoña Caamaño. Neste traballo conoceremos un pouco máis a fondo a esta autora galega, a súa vida e a súa obra. 


Nesta data conmemoramos a nosa lingua, o galego, un patrimonio inmaterial moi importante para todos e todas as galegas e os galegos. Neste pódcast celebramos esta data cun programa sobre Begoña Caamaño, a escritora seleccionada este ano pola Real Academia Galega para celebrar a súa obra e a súa vida. Agardamos que vos guste e que sirva para coñecer un pouco mellor a esta autora galega.





viernes, 15 de mayo de 2026

Festa da Lingua

Xa chegou a gran cita co galego! Este venres 15 de maio, o Aparcadoiro da Tafona converteuse no epicentro da nosa lingua.

Ás 10.30 deu comezo a XII Festa da Lingua cos colexios e institutos da zona.

A partir das 12.25 houbo unha emisión en directo do programa "Hoy por Hoy" da Cadena SER (Pontevedra-Arosa). Radio en vivo desde a Festa!

Tamén tivemos música en directo co grupo The Rapants para poñerlle ritmo a esta xornada tan especial.






A palabra BICO foi o fío conductor da festa da Lingua 2026. Este vídeo recolle un resumo da microcreación elaborada por Educación Infantil e que foi reproducido durante a Festa da Lingua. 
Nesta creación o alumnado quixo homenaxear a súa vez a Begoña Caamaño. 




Así foi a proxección en directo plena festa!




Ás portas do Día das Letras Galegas, así é como as novas xeracións celebran a Lingua: microcreacións, micropoemas, microrelatos, monólogos e moita música! Pero nesta festa tamén celebramos a homenaxe á bibliotecaria Cris de Caldas e, como broche final, máis de mil alumnos alumnos bailaron ao son da banda The Rapants.

Velaquí a actuación musical da nosa escola!Un aplauso para á nosa rapazada que o fixo marabillosamente!


Manuela Velo foi a encargada de representar ao noso centro co seu micropoema. Estades desexando vela recitando o seu poema?

Aquí podedes ver o seu momento. Bravo Manuela!


E como broche final... as imaxes falan por sí soas!
A Festa da Lingua deunos momentos marabillosos. Despois de compartir os vídeos do gran talento que temos no colexio, hoxe deixámosvos unha escolama fotográfica cos mellores momentos e os sorrisos máis auténticos da xornada.
Porque a nosa lingua fálase, cántase, escríbese... e tamén se celebra co corazón!
Que viva a nosa lingua!


jueves, 14 de mayo de 2026

Visita de Kalandraka Galicia

Xa recibimos o lote de libros do Segundo Premio José Hermida de radio escolar. Hoxe contamos coa visita de Kalandraka Galicia na nosa biblioteca escolar. Moitas grazas pola visita e polos libros!



martes, 12 de mayo de 2026

Maleta Ponte a Zero

Este mes recibimos no cole a maleta "Ponte a Zero" da biblioteca e centro de documentación ambiental do CEIDA. Puidemos gozar de libros informativos e literarios sobre a temática dos residuos, a compostaxe e os hortos escolares. Este programa, desenvolto polo CEIDA e pola Deputación de Pontevedra, ten como obxectivo conciencia á comunidade escolar sobre a problemática do lixo e da reutilización dos residuos.