lunes, 23 de marzo de 2026

Día da Poesía

O Día da Poesía foi establecido pola UNESCO para promover a lectura e a creación literaria en todo o mundo. E que mellor xeito que celebralo que co talento do noso alumnado? Os nenos e nenas de cuarto de educación primaria agasalláronnos cun recitado moi especial: un poema de Emilio Santamarianas ilustrado por eles mesmo con moito agarimo.
Ademais , hoxe tamén festexamos o Día da árbore. Por iso, os nosos alumnos e alumnas escolleron un poema que fala do carballo, a nosa árbore por excelencia e símbolo galego de forza, resistencia e vida. Agardamos que vos guste tanto como a nós!




Ademáis, o alumnado de educación primaria realizou unha actividade ben fermosa para conmemorar este día. A proposta consistiu na creación dun poema, no que o alumnado puido dar renda solta á súa creatividade e expresar as súas emocións a través das palabras. Todos os participantes tiveron a oportunidade de formar parte dun concurso, facendo da actividade unha experiencia aínda máis motivadora e enriquecedora. Esta proposta foi aberta tamén ás familias e profesorado e gustounos moito a súa participación. Deixámosvos un video resumo da actividade e a continuación a Gran Gala da Poesía 2026 retransmitida en Radio Clementina. 










martes, 17 de marzo de 2026

Visita á Biblioteca Pública Municipal de Caldas de Reis (6º EP)

Logo da visita guiada á Biblioteca de Caldas, o alumnado de sexto de educación primaria, participou nun xogo de pistas, por equipos, para atopar "libros despistados".


jueves, 5 de marzo de 2026

Encontro PLAMBE 2026

Hoxe a coordinadora da biblioteca, Vanesa Barcala, asistiu a o Encontro PLAMBE 2026 que reúne ás máis de 900 persoas coordinadoras dos centros educativos.




Elas sempre contan (8M)

Hoxe compartimos unha sesión moi especial de contacontos pola igualdade, na nosa biblioteca, con Raquel Queizás, onde as historias invitáronnos a reflexionar, imaxinar e sentir desde o respecto, a igualdade e a diversidade. Elas sempre contan.