Pechamos os libros deste curso, pero as historias quedan con nós.
martes, 9 de junio de 2026
Sistema de préstamo e mochila viaxeira
viernes, 5 de junio de 2026
Visita do escritor Miguel A. Alonso Diz
martes, 19 de mayo de 2026
Letras Galegas 2026
viernes, 15 de mayo de 2026
Festa da Lingua
Ás 10.30 deu comezo a XII Festa da Lingua cos colexios e institutos da zona.
A partir das 12.25 houbo unha emisión en directo do programa "Hoy por Hoy" da Cadena SER (Pontevedra-Arosa). Radio en vivo desde a Festa!
Tamén tivemos música en directo co grupo The Rapants para poñerlle ritmo a esta xornada tan especial.
Velaquí a actuación musical da nosa escola!Un aplauso para á nosa rapazada que o fixo marabillosamente!
jueves, 14 de mayo de 2026
Visita de Kalandraka Galicia
Xa recibimos o lote de libros do Segundo Premio José Hermida de radio escolar. Hoxe contamos coa visita de Kalandraka Galicia na nosa biblioteca escolar. Moitas grazas pola visita e polos libros!
martes, 12 de mayo de 2026
Maleta Ponte a Zero
lunes, 27 de abril de 2026
Madriñas e Padriños lectores
Hoxe o noso patio transformouse nun escenario de fantasía coa actividade "Madriñas e padriños lectores". baixo a sombra das árbores e en contacto directo coa natureza, os nosos maiores convertéronse en guías de historias incribles para os máis pequenos. Dez puntos de contacontos diferentes enchéronse de sorrisos, ollos abertos de asombro e moito cariño. Ver aos nenos e nenas compartir este tempo de lectura ao aire libre é marabilloso.
jueves, 23 de abril de 2026
Visita da escritora María Canosa
Día do libro en Educación Infantil
miércoles, 1 de abril de 2026
Día das Artes Galegas
lunes, 23 de marzo de 2026
Día da Poesía
Ademais , hoxe tamén festexamos o Día da árbore. Por iso, os nosos alumnos e alumnas escolleron un poema que fala do carballo, a nosa árbore por excelencia e símbolo galego de forza, resistencia e vida. Agardamos que vos guste tanto como a nós!
martes, 17 de marzo de 2026
Visita á Biblioteca Pública Municipal de Caldas de Reis (6º EP)
jueves, 5 de marzo de 2026
Encontro PLAMBE 2026
Elas sempre contan (8M)
jueves, 26 de febrero de 2026
Visita á Biblioteca Pública Municipal de Caldas de Reis (5º EP)
lunes, 23 de febrero de 2026
Día de Rosalía
sábado, 7 de febrero de 2026
Visita á Biblioteca Pública Municipal de Caldas de Reis (3º- 4º EP)
viernes, 6 de febrero de 2026
Non hai cousas de neno e cousas de nena: só de persoas.
sábado, 31 de enero de 2026
Día da non Violencia e a Paz
No día da non Violencia e a Paz queremos compartir con tod@s vós algo moi especial. Así de decorado quedou o noso colexio. ESte vídeo mostra as boas novas coas que nos atopamos nos nosos xornais: Historias reais de respecto, solidariedade, diálogo e convivencia. Porque a paz non é só un desexo, constrúese cada día con pequenas accións: escoitar, axudar, incluir e dicir non á violencia.
“O nobel do mes” é unha serie de cuarto de primaria que nos adentra no mundo dos premios nobel, os premios máis populares, prestixiosos e importantes do mundo. Seguindo esta serie de pódcast, non só coñeceremos a súa historia senón que tamén aprenderemos moito sobre ciencia, literatura e cultura. Este segundo capítulo está adicado ao premio nobel da paz.
viernes, 16 de enero de 2026
Visita á Biblioteca Pública Municipal de Caldas de Reis (1º-2º EP)
O pasado venres 16 de xaneiro, o alumnado de primeiro e segundo de educación primaria visitou a Biblioteca Pública Municipal de Caldas de Reis. Unha actividade fantástica para fomentar o hábito lector dende cativos.Grazas por recibirnos!



