Hoxe, 1 de abril, Día das Artes Galegas, queremos compratir un proxecto que nos roubou o corazón. Como fixo no seu día José Suárez co seu inseparable can Mambrino, as nosas familias de infantil sacaron a súa cámara para retratar a amizade máis pura. Despois de traballar coas fotografías na aula e buscar información sobre o fotógrafo, o alumnado de Educación Infantil preparou a súa exposición homenaxe a José Suárez: "Olladas de amizade: seguindo o rastro de Mambrino", un percorrido en branco e negro por esas relacións tan especiais coas súas mascotas. Unha homenaxe a vida e a compaña, incluindo tamén un recordo moi especial para as mascotas que xa non están con nós pero que seguen vivas na nosa memoria.