jueves, 23 de abril de 2026

Visita da escritora María Canosa

Con motivo da celebración do Día do Libro tivemos a sorte de contar no cole coa presenza dunha gran escritora: María Canosa.
O noso alumnado desfrutou moito coa actividade. Puideron facerlle preguntas, comprender a orixe do libro que leron na aula, recibir un autógrafo da escritora e mesmo facerlle unha entrevista na radio escolar no programa Micro Aberto. 

Micro Aberto é un programa especial de Radio CLementina adicado a entrevistas con persoas que visitan o noso centro ou que están relacionadas con actividades que se realizan ao longo do curso. No cuarto capítulo tivemos unha convidada especial : María Canosa, quen traballou como enxeñeira e foi Directora de Proxectos no Centro de Coñecemento da Costa da Morte. desde os seus inicios profesionais compaxinou a súa faceta de enxeñeira coa de escritora, así como a de guionista de distintos programas da TVG. Dalgunhas das súas obras fixéronse adaptacións teatrais. 
Colabora como articulista en La Voz de Galicia, e foi contertulia en varios programas radiofónicos da Radio Galega e Radio Voz. Ocupou o posto de "experta" en letras no concurso Cifras e Letras da TVG, desde setembro de 2011, ata principios de 2013, cando deixou de emitirse o concurso. Cifras e Letras foi substituído polo concurso Verbas van, no que tamén ocupou o posto de experta. Actualmente mantén esta actividade no programa Coma un allo. 
Recibiu distintos premios literarios, entre os que destacan o Premio Merlín de Literatura Infantil, convocdo por Edicións Xerais, no ano 2017, pola obr Muriel.




eeee