jueves, 26 de febrero de 2026

lunes, 23 de febrero de 2026

Día de Rosalía

Comezamos a semana co Día de Rosalía. Os nosos corredores convertéronse en poesía viva. O alumnado puxo todo o seu talento e sensibilidade para decorar o centro cos versos inmortais de Cantares Gallegos despois de escoitar o programa especial de Radio CLementina adicado a Rosalía.  





Rosalía entre todas e todos é un programa especial de Radio CLementina co que a nosa escola celebra, este 23 de febreiro de 2026, o día da nosa poetísa nacional: Rosalía de Castro. Neste pódcast podedes escoitar a biografía desta xenial escritora e tamén un dos poemas do seu traballo máis coñecido, "Cantares Gallegos", recitado por varias alumnas e alumnos de todos os cursos de infantil e primaria do centro. Que viva Rosalía! Que viva o galego!


 

sábado, 7 de febrero de 2026

Visita á Biblioteca Pública Municipal de Caldas de Reis (3º- 4º EP)

Onte os nenos e nenas de terceiro e cuarto de educación primaria visitaron a Biblioteca Pública Municipal de Caldas de Reis. Foi unha xornada fantástica para descubrir novos mundos, aprender como funciona a biblio e, sobre todo, alimentar as ganas de ler. Moitas grazas ao personal da Biblioteca por recibirnos!




viernes, 6 de febrero de 2026

Non hai cousas de neno e cousas de nena: só de persoas.

 Os nosos nenos de Educación Infantil asistiron no Auditorio Municipal de Caldas de Reis ao espectáculo "Non hai cousas de neno e cousas de nena: só de persoas". A través dos contos da fada Menta, aprendemos que non existen etiquetas e que a igualdade e a diversidade nos fan máis libres.