lunes, 27 de abril de 2026

Madriñas e Padriños lectores

Hoxe o noso patio transformouse nun escenario de fantasía coa actividade "Madriñas e padriños lectores". baixo a sombra das árbores e en contacto directo coa natureza, os nosos maiores convertéronse en guías de historias incribles para os máis pequenos. Dez puntos de contacontos diferentes enchéronse de sorrisos, ollos abertos de asombro e moito cariño. Ver aos nenos e nenas compartir este tempo de lectura ao aire libre é marabilloso. 




jueves, 23 de abril de 2026

Visita da escritora María Canosa

Con motivo da celebración do Día do Libro tivemos a sorte de contar no cole coa presenza dunha gran escritora: María Canosa.
O noso alumnado desfrutou moito coa actividade. Puideron facerlle preguntas, comprender a orixe do libro que leron na aula, recibir un autógrafo da escritora e mesmo facerlle unha entrevista na radio escolar no programa Micro Aberto. 

Micro Aberto é un programa especial de Radio CLementina adicado a entrevistas con persoas que visitan o noso centro ou que están relacionadas con actividades que se realizan ao longo do curso. No cuarto capítulo tivemos unha convidada especial : María Canosa, quen traballou como enxeñeira e foi Directora de Proxectos no Centro de Coñecemento da Costa da Morte. desde os seus inicios profesionais compaxinou a súa faceta de enxeñeira coa de escritora, así como a de guionista de distintos programas da TVG. Dalgunhas das súas obras fixéronse adaptacións teatrais. 
Colabora como articulista en La Voz de Galicia, e foi contertulia en varios programas radiofónicos da Radio Galega e Radio Voz. Ocupou o posto de "experta" en letras no concurso Cifras e Letras da TVG, desde setembro de 2011, ata principios de 2013, cando deixou de emitirse o concurso. Cifras e Letras foi substituído polo concurso Verbas van, no que tamén ocupou o posto de experta. Actualmente mantén esta actividade no programa Coma un allo. 
Recibiu distintos premios literarios, entre os que destacan o Premio Merlín de Literatura Infantil, convocdo por Edicións Xerais, no ano 2017, pola obr Muriel.




eeee

Día do libro en Educación Infantil

 ¿Recordades a exposición fotográfica que fixeron os nenos e nenas de Educación Infantil para o Día das Artes Galegas? Aquelas fotos en branco e negro, con marcos dourados, que seguían a pegada de José Suárez e o seu can Mambrino...Pois fomos un paso máis alá!
Aquela "Ollada de amizade" non só quedou colgada na parede. Convertémola en literatura. 
Hoxe, polo Día do Libro, o alumnado de Educación Infantil por fin ten nas súas mans o resultado dunha viaxe creativa onde eles mesmos e as súas mascotas son os protagonistas. Hoxe, marchan para casa con este tesouso baixo o brazo e un marcapáxinas de recordo. 
Clic! Seguindo o rastro de Mambrino.


miércoles, 1 de abril de 2026

Día das Artes Galegas

Hoxe, 1 de abril, Día das Artes Galegas, queremos compratir un proxecto que nos roubou o corazón. Como fixo no seu día José Suárez co seu inseparable can Mambrino, as nosas familias de infantil sacaron a súa cámara para retratar a amizade máis pura.  Despois de traballar coas fotografías na aula e buscar información sobre o fotógrafo, o alumnado de Educación Infantil preparou a súa exposición homenaxe a José Suárez: "Olladas de amizade: seguindo o rastro de Mambrino", un percorrido en branco e negro por esas relacións tan especiais coas súas mascotas. Unha homenaxe a vida e a compaña, incluindo tamén un recordo moi especial para as mascotas que xa non están con nós pero que seguen vivas na nosa memoria.