lunes, 8 de septiembre de 2025

Benvidos/as ao Curso 2025/2026. Nace "Radio CLementina"


Arrancamos un novo curso na nosa Biblioteca Clementina con máis enerxía que nunca e cargados de novidades. Este ano, o fío conductor que encherá de vida o noso colexio será o mundo das ondas: A Radio.

Non camiñamos sós. A biblioteca será o corazón de moitas actividades, pero traballaremos man a man nunha coordinación estreita con outros equipos fundamentais do centro como o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) para potenciar o uso da nosa lingua a través dos micros; o Equipo de Estraescolares, para dar visibilidade a todo o que acontece fóra das aulas; e o Claustro de mestres, integrando a radio como unha ferramenta de aprendizaxe en todas as materias.


Neste blog iremos colgando todas as actividades planificadas e organizadas polo Equipo de Biblioteca. Será o noso escaparate para: 

- Escoitar pódcast e programas que o alumnado vai gravando.

- Ver as fotos das xornadas especiais ou obradoiros.


Estamos convencidos de que a radio nos axudará a mellorar a comunicación, a creatividade e, sobre todo, a divertirnos aprendendo.


Preparade os cascos... porque empezamos a emitir!

Na entrada principal recolleremos as actividades propias da biblioteca e para acceder ao proxecto do centro accederedes dende o proxecto do centro (Radio Clementina (marxe dereito).

Empezamos a organizarnos...

Estade atentos/as!!