No día da non Violencia e a Paz queremos compartir con tod@s vós algo moi especial. Así de decorado quedou o noso colexio. ESte vídeo mostra as boas novas coas que nos atopamos nos nosos xornais: Historias reais de respecto, solidariedade, diálogo e convivencia. Porque a paz non é só un desexo, constrúese cada día con pequenas accións: escoitar, axudar, incluir e dicir non á violencia.
“O nobel do mes” é unha serie de cuarto de primaria que nos adentra no mundo dos premios nobel, os premios máis populares, prestixiosos e importantes do mundo. Seguindo esta serie de pódcast, non só coñeceremos a súa historia senón que tamén aprenderemos moito sobre ciencia, literatura e cultura. Este segundo capítulo está adicado ao premio nobel da paz.