Hoxe o noso patio transformouse nun escenario de fantasía coa actividade "Madriñas e padriños lectores". baixo a sombra das árbores e en contacto directo coa natureza, os nosos maiores convertéronse en guías de historias incribles para os máis pequenos. Dez puntos de contacontos diferentes enchéronse de sorrisos, ollos abertos de asombro e moito cariño. Ver aos nenos e nenas compartir este tempo de lectura ao aire libre é marabilloso.