viernes, 30 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO 2021. Colaboración coa Biblioteca Municipal de Caldas de Reis

     Unha das actividades que organizou a Biblioteca Municipal de Caldas de Reis para celebrar o #díadolibro, foi invitar ao contador de historias Felipe Díaz ao noso Centro, presentando o seu espectáculo "Un libro baixo a almofada", destinado para o alumnado de 3º de Primaria.

    Queremos agradecerlles que contaran co noso Centro para esta actividade.


 

DÍA DO LIBRO 2021

    Para conmemorar o Día do Libro deste curso, retomamos a actividade de Madriñas e Padriños lectores, levada a cabo polo alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria.



    Ademais, as nenas e nenos de 3 anos recoméndannos o conto "Un becho estraño", da editorial Kalandraka.

    
    Outra das actividades realizadas é o teatro de sombras do grupo Diversombras, formado polo alumnado de 1º de Primaria, que representan o conto "Elmer, outra vez".