miércoles, 14 de septiembre de 2022

DÍA DA POESÍA 2022

     O alumnado de 3º de Primaria recita uns poemas extraídos do libro "Zapatos máxicos", cos cales conmemoran o Día da Poesía.


     O alumnado de Educación Infantil recita o poema "Os peregrinos", de Antonio G. Teijeiro para conmemorar o Día da Poesía deste ano 2022.

Participación no Programa da TVG "Dígocho eu" (Curso 2022)

     Aqui presentamos o traballo presentado ao programa da TVG "Dígocho eu", que resultou gañador de entre todos os Centros participantes.

Semana da Prensa 2022

     Queremos agradecer a todas a familias a súa colaboración na creación do noso "Xornal sobre o Camiño de Santiago", onde recollemos unha gran variedade de noticias relacionadas con esta tradición nosa.

     Esta actividade desenvolveuse durante a Semana da Prensa deste curso 2022, formando parte do Proxecto de Centro.

     Moitas grazas pola vosa colaboración.

Día das Artes Galegas 2022

     O 1 de abril conmemórase o Día das Artes Galegas no que se rende homenaxe ao pintor LAXEIRO.

     Laxeiro ademais de pintor, foi tamén un xenial debuxante. Na prensa "El pueblo gallego", ao longo do ano 1929, plasmou unha serie de  debuxos sobre a vida galega. 

     Os nenos e nenas de 4 anos déronlle cor aos debuxos de Laxeiro.

DÍA DO LIBRO 2022

      O alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria foi o encargado de contarlles ao alumnado contos en lingua galega no exterior do Centro.




Para ver mais imaxes desta actividade, segue este enlace: Día do Libro 2022

LETRAS GALEGAS 2022

     O alumnado de 3º de Educación Primaria quixo homenaxear a Florencio M. Delgado G. no Día das Letras Galegas deste curso 2021-2022.




Día da Muller (Curso 2022)

     Queremos compartir con todos vós as actividades levadas a cabo para conmemorar o Día Internacional da Muller

TRABALLAMOS - CONVERSAMOS:

     Actividade na que contamos coa participación das familias, na cal diferentes mulleres viñeron ao centro a contarnos a súa experiencia e como desenvolve o seu traballo.


     Podedes acceder a mais imaxes desta actividade premendo AQUÍ.

 PIONEIRAS GALEGAS:

     Actividade realizada polo alumnado de 6º de Primaria, que nos ensinan mulleres galegas adiantadas ao seu tempo, que romperon todos os esterotipos da sociedade.

Día de Rosalía de Castro (Curso 2022)

     Compartimos as actividades desenvoltas no Centro para conmemorar o Día de Rosalía de Castro deste curso 2022

     Recitado de fragmentos de poemas polo alumnado de Educación Infantil:



     Emisión en directo das actividades realizadas por todo o alumnado do Centro, como a elaboración de carteis, a lectura dun manifesto e a plantación de pensamentos, unha das flores favoritas de Rosalía de Castro. Podedes velo picando AQUÍ.

     AQUÍ tamé tedes unha pequena colección das fotos sacadas nese día.

     Dende o cole, tamén participamos no concurso "A nosa Rosalía", promovido pola Deputación de Pontevedra; quedando primeiros na nosa categoría. Aquí tedes o vídeo co que participou o cole: