miércoles, 25 de octubre de 2023

INSTALACIÓN DE OUTONO EN EDUCACIÓN INFANTIL

Para adentrarnos no outono, os nenos e nenas de Educación Infantil fixeron unha saída pola nosa contorna máis próxima, aproveitando para recolectar diferentes produtos do outono como castañas, landras, follas de diferentes árbores, piñas... Todo isto utilizárono para facer unha instalación xunto con outros aportados polas familias.
As instalacións constitúen espazos de experimentación no que os nenos e nenas, a partir de obxectos sinxelos e atractivos, van construíndo os seus propios coñecementos. Para elo, as mestras dos máis pequenos e pequenas prepararon o espazo previamente cos diferentes produtos para que elas e eles poidesen experimentar dun xeito libre.

Viva o Outono!