miércoles, 28 de febrero de 2024

3 DE DECEMBRO, DÍA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL.

Bo día Clementinas e Clementinos:

O 3 de decembro celebramos o Día Internacional das persoas con discapacidade ou diversidade funcional.
No cole fixemos varias actividades para traballar a reflexión e a sensibilización que nos leve á inclusión de todos e todas en todos os aspectos da vida.

Visualizamos o vídeo-conto “O cazo de Lorenzo” feito polo Departamento de Orientación o curso pasado e desenvolvemos a actividade “sombreiros diferentes” na que todo o centro participou e que no día de hoxe pechamos coa presentación e visualización do vídeo “E ti… por que es diferente? (elaborado por todo o alumnado, persoal docente e non docente).

Desexamos que vos guste e agradecemos a vosa implicación.




martes, 27 de febrero de 2024

DÍA DE ROSALÍA

Queridas Familias:

Este 23 de febreiro, data do aniversario de Rosalía de Castro, o noso centro prepoarou diversos murais, Podcast e poesías que recollen un repaso da vida e obra desta gran autora galega, a máis representativa por excelencia, que nos deixou obras mestras tan relevantes como "As de Cantar" de "Cantares Gallegos" (versionado polo alumnado de 2º ciclo de Primaria).

Para continuar coa conmemoración do Día de Rosalía, tivemos tamén un recitado conxunto do Poema "Adiós Ríos, Adiós Fontes" da Autora, na Biblioteca Escolar para todo o alumnado do centro.

Agardamos que desfrutedes con este contido que ten por obxecto dar a coñecer a vida e obra da autora:





Tu radio. Nada. Tu báscula.
https://www.youtube.com/watch?v=kcJuMc9wUU4

viernes, 23 de febrero de 2024

BOOKTUBER CAPÍTULO 1: "LOS COMPAS 3 Y LA CÁMARA DEL TIEMPO"

Queridos lectores e lectoras:

HOXE TEMOS NOVAS!!

O alumnado de 5º de Educación Primaria, tennos unha moi boa sorpresa, esta semana comezan a nova serie de Producións Clementinas: Booktubers! Nela, os nenos e nenas recomendarannos as súas lecturas favoritas 

Hoxe, presentan os seu primeiro capítulo, onde nos falaran do libro "Loss compas 3 y la cámara del tiempo". Esperamos que vos guste!





jueves, 22 de febrero de 2024

REFORESTAMOS O CAMIÑO!

Bo Día Clementinos e Clementinas:

Para conmemorar o Día Mundial forestal 2024 o alumnado de Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria, non dubidou en calzar as botas e plantar no monte da nosa parroquia de San Clemente, 200 árbores de distintas especies (castiñeiros, cerdeiras, pradairo e nogais) na compaña do alumnado doutros centros do concello. Reforestamos parte do Camiño coa axuda do persoal do Concello de Caldas, que nos ensinou como facelo e porque estabamos empregando estas especies autóctonas e non outra que soemos ver como Eucaliptos ou Pinos.

Dentro duns anos, cando miremos ese novo bosque recordaremos esta estupenda actividade!!



miércoles, 21 de febrero de 2024

CANDELORIA CLEMENTINA

Bo día a todas e a todos:

Pola Candeloria medio inverno vai fóra! Así que comezamos a semana, aproveitando para visitar a fermosa fraga que arrodea a nosa fermosa escola.

Esta andaina foi toda unha aventura para os máis cativos da escola, que acompañados do grupo de 6° de Educación Primaria, percorreron as distintas sendas, escalando, atravesando regatos; mentres observaban a flora e a fauna do lugar.
San Clemente é natureza, aprendizaxe e diversión.