jueves, 30 de noviembre de 2023
25N: DÍA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA
MES DA CIENCIA EN GALEGO
Durante o mes de Novembro, festaxamos o Mes da Ciencia da mellor maneira posible, facendo Ciencia e aprendendo novos conceptos.
O alumnado de Educación Infantil, desenvolveu na nosa Biblio Clementina un obradoiro de experimentos dando remate a este Mes da Ciencia en Galego. Primeiro, realizaron o "Fluído non Newtoniano" que consiste en mesturar fariña de millo con auga para xerar un fluído chamado "non Newtoniano", é dicir, que non ten unha viscosidade definida. Por iso, cando lle aplicamos moita presión compórtase como un sólido mentres que se lle aplicamos pouca, coma un líquido.
Despois, experimentaron coas luces e coas cores. Precisaron uns botes de cristal, colorante de cores, auga, unha lanterna e escuridade. Desta forma, a luz atravesa o vidro transparente proxectando as cores que contén. É así como conseguimos luces de cores!!
viernes, 10 de noviembre de 2023
DÍA DA VISIBILIZACIÓN DO TDAH
O pasado 27 de outubro celebrouse o día do TDAH en España. O trastorno por déficit de atención e hiperactividade é unha afección crónica. Inclúe unha combinación de problemas persistentes, tales como dificultade para manter a atención, hiperactividade e comportamento impulsivo.
MAGOSTO CLEMENTINO 23/24
O pasado venres, 27 de outubro, tódolos nenos e nenas do colexio celebramos o magosto acompañados das nosas familias. Foi unha mañá cargada de ledicia e risas grazas aos xogos magosteiros: carreira de sacos, estoupa globos, o xogo da castaña e o tiro da corda. Os alumnos/as de 6° EP foron os encargados de adozar a xornada cunhas castañas asadas así coma cuns saborosísimos doces caseiros. Moitas grazas por acompañarnos neste día.
Samaín Clementino 23/24
O xoves, 26 de outubro, celebramos o Samaín cun obradoiro de cabazas para dar por rematada a estación do verán e dar a benvida ao outono; mantendo así a tradición que comezaron os nosos antepasados celtas de tallar cabazos para os defuntos.
Aproveitamos para mesturar os grupos e traballar en equipo e quedounos a mellor exposición de cabazas de todo Caldas e incluso de Galicia, pero non queremos presumir!! Grazas familias pola vosa colaboración!!
para dar por rematada a estación do verán e dar a benvida ao outono; mantendo así a tradición que comezaron os nosos antepasados celtas de tallar cabazos para os defuntos.
GOZA DO TEU SAMAÍN
A nosa curtametraxe, GOZA DO TEU SAMAÍN, foi seleccionada como finalista da Sección Escolas Galegas do FICBUEU 2023 dentro da categoría de Educación Especial, Infantil e Primaria. O alumnado de 4º de Educación Primaria, creador da curta o curso pasado, puido participar no festival GALA ESCOLAS GALEGAS celebrada no Centro Social de Bueu o pasado 23 de setembro, xunto cos demais finalistas. Aínda que non obtivemos o premio gañador pasámolo en grande. Deixámosvos unhas fotos do día. Deixamosvos o enlace ao link de facebook para que podades volver a ver esta maravillosa produción: https://www.facebook.com/100063670388504/videos/pcb.865450122253993/875510757127744?locale=es_ES