O pasado luns 27 de novembro, conmemoramos no centro o día internacional contra a Violencia de Xénero. Comezamos ca lectura dun manifesto elaborado polo alumnado de 6º de educación primaria no pavillón do centro diante do resto de alumnado e profesorado o cal se atopaba manifestándose contra esta lacra da nosa sociedade. Dende cada titoría preparáronse carteis reivindicativos que están expostos na parte exterior do centro para facer extensible a todos vós a nosa mensaxe. Rematamos este acto coa reproducción da canción "unha mirada máis".