viernes, 10 de noviembre de 2023

MAGOSTO CLEMENTINO 23/24

 O pasado venres, 27 de outubro, tódolos nenos e nenas do colexio celebramos o magosto acompañados das nosas familias. Foi unha mañá cargada de ledicia e risas grazas aos xogos magosteiros: carreira de sacos, estoupa globos, o xogo da castaña e o tiro da corda. Os alumnos/as de 6° EP foron os encargados de adozar a xornada cunhas castañas asadas así coma cuns saborosísimos doces caseiros. Moitas grazas por acompañarnos neste día.

🌰🌰🌰