viernes, 29 de marzo de 2024

BOOKTUBERS CAPÍTULO 5: "LOS COMPAS Y EL DIAMANTITO LEGENDARIO"

 Queridas Clementinas e Clementinos:

Hoxe trémosvos o quinto capítulo da nosa maravillosa serie Booktubers Clementinos. Nesta nova edición Brais vainos recomendar un libro que lle encantou, "Los compas y el diamantito legendario".

Desfrutade desta nova entrega!!



sábado, 23 de marzo de 2024

MUSICAL: O REI LEÓN

Boas Clementinas e Clementinos:

O mércores desprazámonos ata o Auditorio de Vilagarcía para asistir ao Musical do Rei León. Despois do espectáculo, merendamos todos xuntos ao aire libre e xogamos no parque. Foi un día especial onde compartimos bós momentos.

Seguimos sumando experiencias.



ROSCA DE PASCUA

 Ola Clementinas e Clementinos:

Os nenos e nenas de Educación Infantil fixeron roscas de Pascua para rematar o trimestre.
FELICES VACACIÓNS!



viernes, 22 de marzo de 2024

A POESÍA DAS ÁRBORES

 Boas a todos os poetas e poetisas:

Complementando o día da Poesía o alumnado de 3º de EP aprendeu uns poemas coa temática das "árbores" de varios autores para conmemorar conxuntamente o día da ÁRBORE e POESÍA. Agardamos que vos gusten!



BOOKTUBERS CAPÍTULO 4: "ATRAPADOS EN BATTLE ROYAL"

Boas adictos e adictas á lectura:

Hoxe Roque e Martín fannos a súa recomendación libreira neste novo capítulo de Booktubers Clementinos. Atrapados en Battle Royale, escrito polo autor David Hunter e inspirado no mundo de Fornite.

Esperamos que o desfrutedes!



jueves, 21 de marzo de 2024

DÍA DA POESÍA E DA ÁRBORE

Bo día Clementinos e Clementinas:

Hoxe conmemoramos o Día da Poesía e da Árbore, día que festaxamos unindo a natureza e as letras e aproveitando o bo tempo para poder facer esta maravillosa actividade no exterior.
O alumnado de Educación Infantil e do primeiro ciclo de Educación Primaria fixeron unha exposición das súas poesías favoritas nas árbores do patio.
Os nenos e nenas de 3°, 4°, 5° e 6° de Educación Primaria participaron nun concurso de poesías, e tivemos gañadores e gañadoras que foron nin máis nin menos que: Tiago de 3°, Nuno de 4°, Rita de 5° e Valentina de 6°. Moitos parabéns,!
E Feliz día da poesía!



domingo, 17 de marzo de 2024

HORTO ESCOLAR

 Queridos lectores e lectoras:

Ao longo deste curso, os nenos e nenas do centro desfrutamos da experiencia de facer un pequeno horteiro para cada clase. Coa colaboración do concello de Caldas habilitamos diversos espazos par plantar leitugas, cenouras, tomates, pementos, remolachas... Ademais de coidar os nosos arbustos de framboesas. 

Durante estas últimas semanas tocoulle quenda a Educación Infantil asi que vos deixamos este pequeno video resumo do ben que o pasamos. 







viernes, 15 de marzo de 2024

BOOKTUBERS CAPÍTULO 3 : "LA INCREÍBLE HISTORIA DEL MONSTRUO DEL PALACIO DE BUCKINGAN"

 Boas Clementinos e Clementinas:

Hoxe, na nosa serie de Booktubers Clementinos Mateo poñeranos ao día sobre un dos libros que máis desfrutou este ano: Las increíble historia del monstruo del Palacio de Buckingham" escrito polo autor David Williams.

Esperamos que vos guste esta nova recomendación!






CAMIÑA CON CLEMENTINA

Queridos e queridas lectoras:

Durante este segundo trimestre, o alumnado de Educación Infantil e 1º cicloestivo a realizar diversas actividades dentro do programa Vexo, veo Xacobeo do Plan Proxecta co obxectivo de achegar ao alumnado o significado e os valores do Camiño de Santiago e traballar estes conceptos que forman parte da súa contorna social e cultural. Plantamos árbores, realizamos traballos artísticos, visitamos o Camiño...

Deixámosvos algunhas imaxes da realización de diversas actividades así como un vídeo da elaboración da Torta de Santiago. Esperamos que as disfrutedes!





viernes, 8 de marzo de 2024

BOOKTUBERS CAPÍTULO 2: "RITA Y LOS LADRONES DE TUMBAS"

 Queridos amantes das recomendacións:

Hoxe temos a segunda entrega da nosa serie de Booktubers Clementinos onde Álex e Félix falarannos do título Rita y los ladrones de tumbas. 

Esperamos que o disfrutedes tanto coma nos! 




8M: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

Boas a todas e a todos:

Con motivo da conmemoración do 8-M organizamos no centro unha serie de charlas en colaboración coa fundación Inspiring Girls, a cal ten por misión aumentar as inspiracións das nenas, poñéndoas en contacto con mulleres inspiradoras que poidan servirlles de exemplo e referentes.

Este curso contamos con mulleres marabillosas como Ana Miguéns, Ruth Caramés, Carmen Casal, Ana Martínez e Ana Belén Pazo as cales agradecemos a súa dedicación e implicación co noso alumnado.



Tamén complementamos esta semana con outra serie de actividadescomo o espectáculo  "Elas contan moito" de Migallas Teatro na biblioteca do noso centro. Foi unha sesión de contos e música en directo abordando a temática da igualdade entre homes e mulleres que gustou moito ao noso alumnado.

Na etapa de educación infantil asistiu, no Auditorio Municipal, ao espectáculo "Os contos do avó, mulleres galegas" a cargo de MeRe Clown co obxectivo principal de sensibilizar ao alumnado sobre a importancia de acadar unha sociedade igualitaria visibilizando distintas mulleres galegas que deixaron pegada coa súa valentía e intelixencia.

Grazas ao concello de Caldas de Reis por organizar esta actividade e por seguir traballando coa nosa escola dun xeito tan enriquecedor!