viernes, 8 de marzo de 2024

8M: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

Boas a todas e a todos:

Con motivo da conmemoración do 8-M organizamos no centro unha serie de charlas en colaboración coa fundación Inspiring Girls, a cal ten por misión aumentar as inspiracións das nenas, poñéndoas en contacto con mulleres inspiradoras que poidan servirlles de exemplo e referentes.

Este curso contamos con mulleres marabillosas como Ana Miguéns, Ruth Caramés, Carmen Casal, Ana Martínez e Ana Belén Pazo as cales agradecemos a súa dedicación e implicación co noso alumnado.



Tamén complementamos esta semana con outra serie de actividadescomo o espectáculo  "Elas contan moito" de Migallas Teatro na biblioteca do noso centro. Foi unha sesión de contos e música en directo abordando a temática da igualdade entre homes e mulleres que gustou moito ao noso alumnado.

Na etapa de educación infantil asistiu, no Auditorio Municipal, ao espectáculo "Os contos do avó, mulleres galegas" a cargo de MeRe Clown co obxectivo principal de sensibilizar ao alumnado sobre a importancia de acadar unha sociedade igualitaria visibilizando distintas mulleres galegas que deixaron pegada coa súa valentía e intelixencia.

Grazas ao concello de Caldas de Reis por organizar esta actividade e por seguir traballando coa nosa escola dun xeito tan enriquecedor!