domingo, 17 de marzo de 2024

HORTO ESCOLAR

 Queridos lectores e lectoras:

Ao longo deste curso, os nenos e nenas do centro desfrutamos da experiencia de facer un pequeno horteiro para cada clase. Coa colaboración do concello de Caldas habilitamos diversos espazos par plantar leitugas, cenouras, tomates, pementos, remolachas... Ademais de coidar os nosos arbustos de framboesas. 

Durante estas últimas semanas tocoulle quenda a Educación Infantil asi que vos deixamos este pequeno video resumo do ben que o pasamos.