martes, 16 de mayo de 2023

LETRAS GALEGAS 2023

Presentamos os Podcast creados polo alumnado de Educación Infantil e de 4º e 5º de Primaria, para a conmemoración do Día das Letras Galegas 2023.



Debemos mencionar que estes Podcast presentáronse ao
V Concurso de Podcast de Radio na Biblio.

DÍA DO LIBRO 2023


Madriñas e padriños lectores 2023 de Biblioteca San Clemente

CONTACONTOS VEXO, VEO XACOBEO 2023


Vexo veo xacobeo 2023 de Biblioteca San Clemente

CIENCIA NA ESCOLA 2023

Coa celebración da Semana da Ciencia, en Caldas de Reis, o alumnado de Educación Infantil recibiu unhas sesións de experimentos moi orixinais.

Ciencia na Escola 2023 de Biblioteca San Clemente

Tamén tivemos sesións para o alumnado de Primaria.


CHARLA PROXECTO TERRA 2023

Charlas relacionadas co Proxecto Terra desenvoltas neste curso 22-23.

Proxecto Terra 2023 de Biblioteca San Clemente

MAIOS 2023

 Breve resumo da elaboración dos Maios neste curso 22-23.

Maios 2023 de Biblioteca San Clemente

lunes, 8 de mayo de 2023

FUNDACIÓN "AMIGOS DE GALICIA"

Visitou o noso Centro a "Fundación Amigos de Galicia", aproveitando a celebración do día da Paz nesta semana.

O alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria recibiu unha charla na que lles explicaron as súas actividades, os servizos que ofrecen e as doazóns e colaboracións que levan a cabo.

Ao Finalizar, fixeron unha gravación co alumnado de 6º de Primaria, para montar un video en colaboración con outros centros educativos, mostrando o noso apoio á poboación de Ucraína.

En canto teñamos acceso ao video, publicarémolo para que o poidades ver.



CHARLA VIOLENCIA DE XÉNERO E ACOSO ESCOLAR

O martes 18 de outubro, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria recibiu unhas charlas informativas relacionadas coa Violencia de Xénero e o Acoso Escolar, impartidas pola Garda Civil do Concello de Caldas de Reis (as relatoras foron as axentes Ruth e Pepi).

Estas charlas informativas están incluidas no PLAN DIRECTOR para a convivencia e a mellora da seguridade nos Centros Educativos e nos seus contornos para este curso 22-23; plan promovido pola Consellería de Educación.

Aquí tedes as fotos da actividade que se desenvolveu na Biblioteca Escolar do Centro.








CHARLA CIBERSEGURIDADE

O venres 21 de outubro, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria recibiu unha charla informativa relacionada coa Ciberseguridade (Riscos de seguridade nas novas tecnoloxías e nas Redes Sociais), impartida pola Garda Civil do Concello de Vilagarcía de Arousa (o relator foi o axente Lustres).

      Esta charla informativa está incluida no PLAN DIRECTOR para a convivencia e a mellora da seguridade nos Centros Educativos e nos seus contornos para este curso 22-23; plan promovido pola Consellería de Educación.

      Aquí tedes as fotos da actividade que se desenvolveu na Biblioteca Escolar do Centro.




DÍA DA MULLER - 8M 22-23

Con motivo da conmemoración do 8-M organizamos no centro unha serie de charlas en colaboración coa fundación Inspiring Girls, a cal ten por misión aumentar as inspiracións das nenas, poñéndoas en contacto con mulleres inspiradoras que poidan servirlles de exemplo e referentes.

Este curso contamos con S.H. Consultora do Grupo Coren, D.O. Avogada e MªT. F. Garda Civil.

Moitas grazas pola súa colaboración co noso centro!


Nesta actividade relacionada coa temática do 8-M o alumnado de Educación Infantil asistiu no auditorio de Caldas de Reis á obra "Circo na casa" de Mere Clown e o alumnado de Educación Primaria gozou da obra "Travesías" de Raquel Queizás na escola.


ROSALÍA DE CASTRO 22-23

Compartimos con vós a Conmemoración do Día de Rosalía de Castro que fixemos no centro o pasado 23 de febreiro. Nesta actividade, o alumnado do centro, prantou por titoría unha camelia na honra da autora no patio da escola para simbolizar e visibilizar o noso compromiso co uso do galego.


DÍA DA PAZ 22-23

Programa da Radio Clementina reivindicando a Paz no mundo.

Outra das actividades foi a visita ao noso Centro a "Fundación Amigos de Galicia", aproveitando a celebración do día da Paz nesta semana.

O alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria recibiu unha charla na que lles explicaron as súas actividades, os servizos que ofrecen e as doazóns e colaboracións que levan a cabo.

Ao finalizar, fixeron unha gravación co alumnado de 6º de Primaria, para montar un video en colaboración con outros centros educativos, mostrando o noso apoio á poboación de Ucraína.



25N curso 22-23

Primeiro programa da Radio Clementina, elaborado polo alumnado de 6º de Primaria para conmemorar o Día contra a Violencia de Xénero.



Mural elaborado polo alumnado de 4º de Primaria para conmemorar o 25N.


DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 22-23

O equipo de Biblioteca conxuntamente co EDLG do Centro, e coa colaboración e participación do alumnado de 5º de Primaria, elaboráronse unha serie de actividades que se desenvolveron o 24 de outubro de 2022, Día das Bibliotecas Escolares.

Nestes videos podedes ver as actividades que se levaron a cabo.

KAMISHIBAY PARA O ALUMNADO DE INFANTIL E 1º E 2º DE PRIMARIA




ACTIVIDADE DE BUSCA DE INFORMACIÓN PARA O ALUMNADO DE 3º A 6º





Dia das Bibliotecas 2022 de Biblioteca San Clemente