lunes, 8 de mayo de 2023

FUNDACIÓN "AMIGOS DE GALICIA"

Visitou o noso Centro a "Fundación Amigos de Galicia", aproveitando a celebración do día da Paz nesta semana.

O alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria recibiu unha charla na que lles explicaron as súas actividades, os servizos que ofrecen e as doazóns e colaboracións que levan a cabo.

Ao Finalizar, fixeron unha gravación co alumnado de 6º de Primaria, para montar un video en colaboración con outros centros educativos, mostrando o noso apoio á poboación de Ucraína.

En canto teñamos acceso ao video, publicarémolo para que o poidades ver.