Programa da Radio Clementina reivindicando a Paz no mundo.
Outra das actividades foi a visita ao noso Centro a "Fundación Amigos de Galicia", aproveitando a celebración do día da Paz nesta semana.
O alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria recibiu unha charla na que lles explicaron as súas actividades, os servizos que ofrecen e as doazóns e colaboracións que levan a cabo.
Ao finalizar, fixeron unha gravación co alumnado de 6º de Primaria, para montar un video en colaboración con outros centros educativos, mostrando o noso apoio á poboación de Ucraína.