lunes, 8 de mayo de 2023

DÍA DA MULLER - 8M 22-23

Con motivo da conmemoración do 8-M organizamos no centro unha serie de charlas en colaboración coa fundación Inspiring Girls, a cal ten por misión aumentar as inspiracións das nenas, poñéndoas en contacto con mulleres inspiradoras que poidan servirlles de exemplo e referentes.

Este curso contamos con S.H. Consultora do Grupo Coren, D.O. Avogada e MªT. F. Garda Civil.

Moitas grazas pola súa colaboración co noso centro!


Nesta actividade relacionada coa temática do 8-M o alumnado de Educación Infantil asistiu no auditorio de Caldas de Reis á obra "Circo na casa" de Mere Clown e o alumnado de Educación Primaria gozou da obra "Travesías" de Raquel Queizás na escola.