O venres 21 de outubro, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria recibiu unha charla informativa relacionada coa Ciberseguridade (Riscos de seguridade nas novas tecnoloxías e nas Redes Sociais), impartida pola Garda Civil do Concello de Vilagarcía de Arousa (o relator foi o axente Lustres).
Esta charla informativa está incluida no PLAN DIRECTOR para a convivencia e a mellora da seguridade nos Centros Educativos e nos seus contornos para este curso 22-23; plan promovido pola Consellería de Educación.
Aquí tedes as fotos da actividade que se desenvolveu na Biblioteca Escolar do Centro.