O martes 18 de outubro, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria recibiu unhas charlas informativas relacionadas coa Violencia de Xénero e o Acoso Escolar, impartidas pola Garda Civil do Concello de Caldas de Reis (as relatoras foron as axentes Ruth e Pepi).
Estas charlas informativas están incluidas no PLAN DIRECTOR para a convivencia e a mellora da seguridade nos Centros Educativos e nos seus contornos para este curso 22-23; plan promovido pola Consellería de Educación.
Aquí tedes as fotos da actividade que se desenvolveu na Biblioteca Escolar do Centro.