jueves, 27 de marzo de 2025

DÍA DA POESÍA: CONCURSO DE MICROPOEMAS

Bo día Clemntinas e Clementinos:

Con motivo da celebración do Día da Poesía, a Biblioteca do centro, en colaboración co equipo de Normalización Lingüística, organizou un concurso de micropoesía no que participou todo o alumnado do centro. Unha actividade que se consolidou como un fermoso e creativo xeito de conmemorar a poesía e, ao mesmo tempo, afondar na riqueza da nosa lingua.

O desafío era sinxelo pero intrigante: crear un micropoema utilizando a palabra "fala". A palabra, cargada de significado e simbolismo, foi o punto de partida para que os estudantes de todas as idades exploraran a súa creatividade e expresaran en poucas palabras todo un universo de sentimentos e pensamentos.

O obxectivo do concurso non só era fomentar a escrita e a reflexión sobre a linguaxe, senón tamén dar a oportunidade ao gañador ou gañadora de representar o centro na Festa da Lingua do 17 de maio, Día das Letras Galegas. Aínda que todos os participantes demostraron un gran talento, foi Aroa Caeiro quen se levou o primeiro posto, cuxa micropoesía, coa súa forza e emotividade, conquistou ao xurado.

Porén, o máis importante de todo foi a experiencia compartida de crear os micropoemas. Tanto os estudantes como os mestres desfrutaron do proceso creativo, que non só lles permitiu afondar na beleza da poesía galega, senón tamén fortalecer o vínculo co noso idioma e cultura. Cada micropoema foi unha pequena obra de arte que fixo brillar a potencia da nosa lingua.

Queremos felicitar a Aroa Caeiro polo seu gaño e desexar que, no próximo Día das Letras Galegas, a súa voz resoe na festa da lingua, transmitindo todo o amor que sentimos pola nosa cultura e o noso idioma. Non podemos deixar de agradecer tamén a todo o alumnado que participou, demostrando que, con poucas palabras, a poesía ten o poder de conectar, emocionar e reflexionar.



viernes, 21 de marzo de 2025

DÍA DA POESÍA

Bo día a todas e a todos!

O pasado 21 de marzo, coincidindo co Día da Poesía e o Día da Árbore, a Biblioteca do noso centro acolleu unha actividade moi especial. O alumnado de 4º de Primaria participou na creación de varias poesías inspiradas na natureza, unha maneira fermosa de conmemorar ambos os días e de conectar co mundo que nos rodea.

A actividade tivo como obxectivo fomentar a creatividade dos rapaces e rapazas, ao mesmo tempo que se reflexionaba sobre a importancia de coidar o medio ambiente e valorar a natureza. A través das súas palabras, os nosos pequenos poetas expresaron a súa visión das árbores, os animais, as flores e os diferentes elementos naturais que forman parte do noso día a día.




DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN

 Benqueridas Clementinas e Clementinos:

O Día do Síndrome de Down é unha xornada para reflexionar sobre a igualdade, a diversidade e a importancia de crear unha sociedade inclusiva onde todas as persoas, con ou sen discapacidade, sexan tratadas con dignidade e respeto. Este ano, no noso centro educativo, decidimos conmemorar esta data dunha maneira especial e creativa. A actividade proposta consistiu en que todos os alumnos e alumnas trouxesen ao cole calcetíns de diferentes cores para crear unha composición fotográfica colectiva.

A iniciativa tiña como obxectivo visibilizar a diversidade e a beleza da diferenza. Ao igual que os calcetíns de diferentes cores, cada persoa é única e aporta algo especial á comunidade. A través de algo tan simple como un calcetín, quixemos transmitir que a diversidade é algo que debemos celebrar, non só o 21 de marzo, senón todos os días do ano.

Ademais, ao longo do día, realizamos unha charla na que falamos sobre o síndrome de Down, aprendendo sobre as capacidades e fortalezas das persoas que viven con esta condición. Discutimos a importancia da inclusión, a empatía e o respecto mutuo, e como pequenas accións como a que levamos a cabo ese día poden contribuír a mellorar a integración e visibilidade das persoas con síndrome de Down na sociedade.



DÍA DA ÁRBORE!

 Boas Clementinos e Clementinas:


O Día da Árbore é unha data que nos lembra a importancia de coidar e respectar o noso medio ambiente. Este ano, no noso centro educativo, decidimos celebrar esta xornada dunha maneira especial, combinando a educación ambiental coa marabilla da natureza. Para iso, o alumnado de 6º dew Primaria organizou unha saída ao campo, xunto co alumnado portugués que nos acolleu, onde tivemos a oportunidade de visitar un fermoso bosque e, ademais, coñecer unha árbore milenaria.


No centro, falamos sobre como as árbores non só producen oxíxeno, senón que tamén son fundamentais para a preservación da biodiversidade, a protección do solo e a regulación do clima. Pero, sobre todo, descubrimos o impacto que teñen na nosa saúde mental e benestar, ofrecéndonos espazos de calma e conexión coa natureza.


Sen dúbida, o Día da Árbore é unha celebración única que une educación, natureza e reflexión, e que, esperamos, inspire a todos a seguir coidando as nosas árbores e bosques durante moito tempo máis.




lunes, 17 de marzo de 2025

MARCHAMOS Á MEALHADA CO PROGRAMA ERASMUS+

Ola a todas e a todos!

A aventura ERASMUS+ comeza! 

8 alumnos/as de 6º de primaria do noso centro están a piques de vivir unha experiencia inesquecible en Mealhada, Portugal. Durante esta semana, compartirán aula cos seus compañeiros/as portugueses e mergullaranse na cultura local vivindo con familias anfitrioas.


Esta primeira mobilidade é un fito para o noso colexio e estamos moi emocionados e orgullosos de ser parte desta experiencia enriquecedora.


Dúas das nosas profes acompañaranos nesta viaxe. Sentímonos moi felices de ofrecerlles esta oportunidade única de crecemento persoal e cultural. 

Arrancamos!




viernes, 14 de marzo de 2025

MULLERES CON HISTORIA

Bo día Clementinas e Clementinos:

Un dos proxectos máis emocionantes que tivemos este ano no noso centro educativo foi a creación dun mural que homenaxea ás mulleres que fixeron historia. Os alumnos de 4º de primaria, embarcáronse nunha actividade que non só lles permitiu aprender sobre grandes figuras femininas que marcaron a humanidade, senón tamén expresarse a través da arte.

A proposta xurdiu como parte dunha actividade interdisciplinar que combinaba historia, arte e valores de igualdade de xénero. As rapazas e rapaces investigaron sobre mulleres que destacaron en distintos campos: política, ciencia, literatura, arte, deportes... O proceso creativo comezou cunha investigación profunda, seguida de debuxos e esbozos das figuras elixidas. 

Este mural, que agora adorna as paredes do noso centro educativo, non só se converteu nunha fermosa obra de arte, senón tamén nun recordatorio visual de que as mulleres foron e son fundamentais para o progreso da humanidade.

Esperamos que vos guste!



martes, 11 de marzo de 2025

REFORESTANDO A NOSA CONTORNA

boas de novo, Clementinos e Clementinas:

O alumnado de 3° e 4° de Primaria tivo a sorte de participar na reforestación de castiñeiros, cerdeiras, madroños,… no monte do Pazo, en Saiar. Grazas ao concello e a #asoprovida pola organización da actividade. Aquí vos deixamos un resumo da xornada.




sábado, 8 de marzo de 2025

8M: O XOGO DA CORRESPONSABILIDADE

Boas nenos, nenas e maiores:

O alumnado de Educación Infantil participou no Xogo da corresponsabilidade para aprender sobre a igualdade no reparto de tarefas.  Esta actividade foi organizada polo CIM_Igualdade do Concello de Caldas de Reis dentro das actividades do 8M. 

Grazas a Ana e a Vero por este xogo que nos gustou tanto.

Xogamos para construír un futuro máis igualitario!




jueves, 6 de marzo de 2025

8M: DIRECTAS AO ESPAZO

Boas Clementinas e Clementinos:

Comezamos coas actividades conmemorativas do 8M. Hoxe desfrutamos do espectáculo "Directas ao espazo" de Trémola Teatro, onde coñecemos as historias de Valentina Tereshkova e Sara García Alonso, dúas mulleres pioneiras na exploración espacial.

Esta actividade estivo organizada por CIM-Igualdade do Concello de Caldas de Reis.
Educando en igualdade!