viernes, 21 de marzo de 2025

DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN

 Benqueridas Clementinas e Clementinos:

O Día do Síndrome de Down é unha xornada para reflexionar sobre a igualdade, a diversidade e a importancia de crear unha sociedade inclusiva onde todas as persoas, con ou sen discapacidade, sexan tratadas con dignidade e respeto. Este ano, no noso centro educativo, decidimos conmemorar esta data dunha maneira especial e creativa. A actividade proposta consistiu en que todos os alumnos e alumnas trouxesen ao cole calcetíns de diferentes cores para crear unha composición fotográfica colectiva.

A iniciativa tiña como obxectivo visibilizar a diversidade e a beleza da diferenza. Ao igual que os calcetíns de diferentes cores, cada persoa é única e aporta algo especial á comunidade. A través de algo tan simple como un calcetín, quixemos transmitir que a diversidade é algo que debemos celebrar, non só o 21 de marzo, senón todos os días do ano.

Ademais, ao longo do día, realizamos unha charla na que falamos sobre o síndrome de Down, aprendendo sobre as capacidades e fortalezas das persoas que viven con esta condición. Discutimos a importancia da inclusión, a empatía e o respecto mutuo, e como pequenas accións como a que levamos a cabo ese día poden contribuír a mellorar a integración e visibilidade das persoas con síndrome de Down na sociedade.