viernes, 14 de marzo de 2025

MULLERES CON HISTORIA

Bo día Clementinas e Clementinos:

Un dos proxectos máis emocionantes que tivemos este ano no noso centro educativo foi a creación dun mural que homenaxea ás mulleres que fixeron historia. Os alumnos de 4º de primaria, embarcáronse nunha actividade que non só lles permitiu aprender sobre grandes figuras femininas que marcaron a humanidade, senón tamén expresarse a través da arte.

A proposta xurdiu como parte dunha actividade interdisciplinar que combinaba historia, arte e valores de igualdade de xénero. As rapazas e rapaces investigaron sobre mulleres que destacaron en distintos campos: política, ciencia, literatura, arte, deportes... O proceso creativo comezou cunha investigación profunda, seguida de debuxos e esbozos das figuras elixidas. 

Este mural, que agora adorna as paredes do noso centro educativo, non só se converteu nunha fermosa obra de arte, senón tamén nun recordatorio visual de que as mulleres foron e son fundamentais para o progreso da humanidade.

Esperamos que vos guste!