viernes, 21 de marzo de 2025

DÍA DA ÁRBORE!

 Boas Clementinos e Clementinas:


O Día da Árbore é unha data que nos lembra a importancia de coidar e respectar o noso medio ambiente. Este ano, no noso centro educativo, decidimos celebrar esta xornada dunha maneira especial, combinando a educación ambiental coa marabilla da natureza. Para iso, o alumnado de 6º dew Primaria organizou unha saída ao campo, xunto co alumnado portugués que nos acolleu, onde tivemos a oportunidade de visitar un fermoso bosque e, ademais, coñecer unha árbore milenaria.


No centro, falamos sobre como as árbores non só producen oxíxeno, senón que tamén son fundamentais para a preservación da biodiversidade, a protección do solo e a regulación do clima. Pero, sobre todo, descubrimos o impacto que teñen na nosa saúde mental e benestar, ofrecéndonos espazos de calma e conexión coa natureza.


Sen dúbida, o Día da Árbore é unha celebración única que une educación, natureza e reflexión, e que, esperamos, inspire a todos a seguir coidando as nosas árbores e bosques durante moito tempo máis.