lunes, 17 de marzo de 2025

MARCHAMOS Á MEALHADA CO PROGRAMA ERASMUS+

Ola a todas e a todos!

A aventura ERASMUS+ comeza! 

8 alumnos/as de 6º de primaria do noso centro están a piques de vivir unha experiencia inesquecible en Mealhada, Portugal. Durante esta semana, compartirán aula cos seus compañeiros/as portugueses e mergullaranse na cultura local vivindo con familias anfitrioas.


Esta primeira mobilidade é un fito para o noso colexio e estamos moi emocionados e orgullosos de ser parte desta experiencia enriquecedora.


Dúas das nosas profes acompañaranos nesta viaxe. Sentímonos moi felices de ofrecerlles esta oportunidade única de crecemento persoal e cultural. 

Arrancamos!