viernes, 9 de mayo de 2025

O NOSO PODCAST PARA OS PREMIOS JOSÉ HERMIDA, NA CADENA SER

Ola de novo a todas e a todos:

Hoxe estreamos o podcast "Caldas no bo camiño" gravado polo alumnado de cuarto de primaria. Este traballo é un programa de radio en formato magacine que presenta a nosa vila de Caldas de Reis a todos os oíntes da cadena SER para que poidan coñecer mellor o noso pobo.

Este podcast está nominado a mellor podcast de radio escolar nos premios
do concurso José Hermida da cadena SER que van ser entregados ás 10:30​ horas mañá venres 9 de maio, na sede da UNED en Pontevedra.
Animámosvos a seguir a gala nesta ligazón https://www.youtube.com/watch?v=Nfc7zPaHHKs ás 10:45 do venres e de seguido, escoitedes o programa especial cos gañadores, Hoy por Hoy Pontevedra-Arosa I Premios José Hermida ás 12:25 ben a través da aplicación ou das nosas emisoras convencionais: Radio Pontevedra no 98.7 fm, Radio Arosa 92.6 fm ou Radio Pontevedra Deza-Tabeiros 92.2 fm.



martes, 6 de mayo de 2025

1º CONCURSO DE PODCAST NA CADENA SER

Bo día Clementinas e Clementinos:

Temos unha nova emocionante que compartir con toda a comunidade educativa: a nosa escola presentouse ao 1º Concurso de Podcast da Cadena SER… ¡e fomos seleccionados entre os doce centros finalistas!

O podcast que presentamos leva por título "Caldas no bo camiño" e foi realizado polo alumnado da aula de 4º de Primaria. Trátase dun programa de radio moi especial no que se explora a nosa vila, Caldas de Reis, desde a mirada curiosa e creativa dos máis pequenos.

A estrea oficial do podcast será o xoves 8 de maio a través das redes sociais do centro, onde poderedes escoitalo e compartir con nós este proxecto do que estamos tan orgullosos.

Seguiremos informando sobre esta aventura radiofónica tan especial. Grazas por acompañarnos sempre!




viernes, 25 de abril de 2025

SEMANA DO LIBRO: MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES

 Boas de novo familia Clementina:

Un ano máis, celebramos con moita ilusión a Semana do Libro no noso centro, e unha das actividades estrela foi, sen dúbida, a xa tradicional iniciativa de Madriñas e Padriños Lectores. Esta proposta tan especial converte aos nenos e nenas maiores en referentes lectores para os máis pequenos, creando un fermoso vínculo a través dos contos.

Durante as semanas previas, o alumnado preparou con coidado as lecturas escollidas en grupos, elixindo contos axeitados para o público infantil e practicando a entoación, a expresividade e a lectura compartida. Este traballo culminou nun momento moi agardado: a lectura no patio da escola, durante as dúas últimas horas dunha xornada da Semana do Libro, convertida xa nunha festa das palabras.

Os máis pequenos escoitaron con atención e ilusión os contos narrados polas súas madriñas e padriños lectores, que demostraron moita responsabilidade, cariño e entusiasmo no seu papel. Foi un momento cheo de emocións, no que os libros foron pontes entre idades, fomentando o gusto pola lectura e os valores da colaboración e o coidado mutuo.

Desde a Biblioteca queremos agradecer a todos e todas as participantes —lectoras e escoitadoras— por facer desta actividade unha experiencia tan significativa. Actividades coma esta lembran a todos que ler é compartir, e que os libros, cando viaxan de man en man e de voz en voz, medran e fan medrar.

Moitas grazas a todo centro, mestras e alumnas, por sacar adiante esta actividade!



viernes, 11 de abril de 2025

OBRADOIRO DE RECICLAXE

 Bo día Clementinos e Clementinas:

O pasado 12 de maio, o noso centro acolleu unha charla educativa sobre reciclaxe, unha actividade organizada polo equipo de educación ambiental en colaboración coa Biblioteca. O obxectivo desta charla foi sensibilizar ao alumnado sobre a importancia do reciclaxe e o coidado do medio ambiente, fomentando hábitos máis responsables e sustentables no día a día.

Durante a sesión, os rapaces e rapazas tiveron a oportunidade de aprender de maneira práctica e amena sobre os diferentes tipos de residuos, os métodos axeitados para a súa separación e os beneficios que o reciclaxe ten para o noso planeta. A charla foi impartida por un experto na materia, quen compartiu co alumnado exemplos reais de como as nosas accións diarias poden ter un gran impacto no coidado do medio ambiente.

Un dos momentos máis interesantes foi cando o ponente explicou a importancia de reducir, reutilizar e reciclar en tres pasos simples, animando aos estudantes a levar esas prácticas ás súas casas e ao seu entorno. A actividade tamén incluiu algúns xogos e dinámicas que axudaron a interiorizar os conceptos de forma lúdica e participativa.

A través desta charla, queremos lembrar que a educación ambiental é unha parte fundamental do noso traballo diario e que todos, grandes e pequenos, temos un papel clave na protección do planeta. A Biblioteca do Centro segue comprometida coa formación dos nosos alumnos e alumnas, non só no ámbito literario, senón tamén en valores de sostibilidade e respectuoso co medio ambiente.

Agradecemos a todos os que participaron nesta charla e animamos a seguir aplicando os coñecementos adquiridos na nosa vida diaria. Coas pequenas accións de cada un de nós, podemos facer grandes cambios no mundo.



sábado, 5 de abril de 2025

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

Boas a todas as familias e aos nenos e nenas de San Clemente:

O pasado 2 de abril, con motivo do Día Mundial do Autismo, o noso centro organizou unha actividade especial para sensibilizar a toda a comunidade educativa sobre a importancia de comprender e apoiar as persoas con trastorno do espectro autista (TEA). O lema deste ano, "Somos Infinitos", foi a base para as actividades realizadas, que buscaban destacar a singularidade e as habilidades infinitas de cada persoa, independentemente das súas diferenzas.

Durante a xornada, o alumnado de todos os cursos participou na creación dun simbólico símbolo de infinito, que foi plasmado nunha gran pancarta que decorou o centro. Este símbolo representaba a nosa crenza na infinita capacidade de cada persoa, e a súa forza e potencia como ser humano único. Para completar a actividade, fixáronse fotos con todo o alumnado reunido baixo a pancarta, creando un momento visualmente impactante que reflectía a unión do centro baixo o lema da actividade.

A parte máis reflexiva e educativa tivo lugar nas titorías, onde se falaron de maneira aberta e respectuosa sobre o autismo. O alumnado puido coñecer mellor o trastorno, as súas características e, sobre todo, as oportunidades de inclusión que todos e todas debemos promover na nosa sociedade. Para reforzar esta aprendizaxe, visionáronse varios curtometraxes que axudaron a sensibilizar aos nenos e nenas sobre a realidade das persoas con autismo, facendo que se sentirán máis identificados e comprendidos cos seus compañeiros e compañeiras.

Esta actividade foi unha oportunidade para que todos os membros da comunidade educativa do noso centro se unisen na tarefa de crear un espazo máis inclusivo e respetuoso. Como comunidade, sabemos que somos infinitos cando nos apoiamos mutuamente, celebramos as nosas diferenzas e aprendemos uns dos outros.

Queremos agradecer a todo o alumnado e profesorado pola súa implicación nesta actividade, e animar a seguir traballando xuntos para facer do noso centro un lugar onde todos, sen excepción, se sintan valorados e respectados.

Deixámosvos o video para que podades desfrutar deste nova actividade:



jueves, 27 de marzo de 2025

DÍA DA POESÍA: CONCURSO DE MICROPOEMAS

Bo día Clemntinas e Clementinos:

Con motivo da celebración do Día da Poesía, a Biblioteca do centro, en colaboración co equipo de Normalización Lingüística, organizou un concurso de micropoesía no que participou todo o alumnado do centro. Unha actividade que se consolidou como un fermoso e creativo xeito de conmemorar a poesía e, ao mesmo tempo, afondar na riqueza da nosa lingua.

O desafío era sinxelo pero intrigante: crear un micropoema utilizando a palabra "fala". A palabra, cargada de significado e simbolismo, foi o punto de partida para que os estudantes de todas as idades exploraran a súa creatividade e expresaran en poucas palabras todo un universo de sentimentos e pensamentos.

O obxectivo do concurso non só era fomentar a escrita e a reflexión sobre a linguaxe, senón tamén dar a oportunidade ao gañador ou gañadora de representar o centro na Festa da Lingua do 17 de maio, Día das Letras Galegas. Aínda que todos os participantes demostraron un gran talento, foi Aroa Caeiro quen se levou o primeiro posto, cuxa micropoesía, coa súa forza e emotividade, conquistou ao xurado.

Porén, o máis importante de todo foi a experiencia compartida de crear os micropoemas. Tanto os estudantes como os mestres desfrutaron do proceso creativo, que non só lles permitiu afondar na beleza da poesía galega, senón tamén fortalecer o vínculo co noso idioma e cultura. Cada micropoema foi unha pequena obra de arte que fixo brillar a potencia da nosa lingua.

Queremos felicitar a Aroa Caeiro polo seu gaño e desexar que, no próximo Día das Letras Galegas, a súa voz resoe na festa da lingua, transmitindo todo o amor que sentimos pola nosa cultura e o noso idioma. Non podemos deixar de agradecer tamén a todo o alumnado que participou, demostrando que, con poucas palabras, a poesía ten o poder de conectar, emocionar e reflexionar.



viernes, 21 de marzo de 2025

DÍA DA POESÍA

Bo día a todas e a todos!

O pasado 21 de marzo, coincidindo co Día da Poesía e o Día da Árbore, a Biblioteca do noso centro acolleu unha actividade moi especial. O alumnado de 4º de Primaria participou na creación de varias poesías inspiradas na natureza, unha maneira fermosa de conmemorar ambos os días e de conectar co mundo que nos rodea.

A actividade tivo como obxectivo fomentar a creatividade dos rapaces e rapazas, ao mesmo tempo que se reflexionaba sobre a importancia de coidar o medio ambiente e valorar a natureza. A través das súas palabras, os nosos pequenos poetas expresaron a súa visión das árbores, os animais, as flores e os diferentes elementos naturais que forman parte do noso día a día.




DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN

 Benqueridas Clementinas e Clementinos:

O Día do Síndrome de Down é unha xornada para reflexionar sobre a igualdade, a diversidade e a importancia de crear unha sociedade inclusiva onde todas as persoas, con ou sen discapacidade, sexan tratadas con dignidade e respeto. Este ano, no noso centro educativo, decidimos conmemorar esta data dunha maneira especial e creativa. A actividade proposta consistiu en que todos os alumnos e alumnas trouxesen ao cole calcetíns de diferentes cores para crear unha composición fotográfica colectiva.

A iniciativa tiña como obxectivo visibilizar a diversidade e a beleza da diferenza. Ao igual que os calcetíns de diferentes cores, cada persoa é única e aporta algo especial á comunidade. A través de algo tan simple como un calcetín, quixemos transmitir que a diversidade é algo que debemos celebrar, non só o 21 de marzo, senón todos os días do ano.

Ademais, ao longo do día, realizamos unha charla na que falamos sobre o síndrome de Down, aprendendo sobre as capacidades e fortalezas das persoas que viven con esta condición. Discutimos a importancia da inclusión, a empatía e o respecto mutuo, e como pequenas accións como a que levamos a cabo ese día poden contribuír a mellorar a integración e visibilidade das persoas con síndrome de Down na sociedade.



DÍA DA ÁRBORE!

 Boas Clementinos e Clementinas:


O Día da Árbore é unha data que nos lembra a importancia de coidar e respectar o noso medio ambiente. Este ano, no noso centro educativo, decidimos celebrar esta xornada dunha maneira especial, combinando a educación ambiental coa marabilla da natureza. Para iso, o alumnado de 6º dew Primaria organizou unha saída ao campo, xunto co alumnado portugués que nos acolleu, onde tivemos a oportunidade de visitar un fermoso bosque e, ademais, coñecer unha árbore milenaria.


No centro, falamos sobre como as árbores non só producen oxíxeno, senón que tamén son fundamentais para a preservación da biodiversidade, a protección do solo e a regulación do clima. Pero, sobre todo, descubrimos o impacto que teñen na nosa saúde mental e benestar, ofrecéndonos espazos de calma e conexión coa natureza.


Sen dúbida, o Día da Árbore é unha celebración única que une educación, natureza e reflexión, e que, esperamos, inspire a todos a seguir coidando as nosas árbores e bosques durante moito tempo máis.




lunes, 17 de marzo de 2025

MARCHAMOS Á MEALHADA CO PROGRAMA ERASMUS+

Ola a todas e a todos!

A aventura ERASMUS+ comeza! 

8 alumnos/as de 6º de primaria do noso centro están a piques de vivir unha experiencia inesquecible en Mealhada, Portugal. Durante esta semana, compartirán aula cos seus compañeiros/as portugueses e mergullaranse na cultura local vivindo con familias anfitrioas.


Esta primeira mobilidade é un fito para o noso colexio e estamos moi emocionados e orgullosos de ser parte desta experiencia enriquecedora.


Dúas das nosas profes acompañaranos nesta viaxe. Sentímonos moi felices de ofrecerlles esta oportunidade única de crecemento persoal e cultural. 

Arrancamos!




viernes, 14 de marzo de 2025

MULLERES CON HISTORIA

Bo día Clementinas e Clementinos:

Un dos proxectos máis emocionantes que tivemos este ano no noso centro educativo foi a creación dun mural que homenaxea ás mulleres que fixeron historia. Os alumnos de 4º de primaria, embarcáronse nunha actividade que non só lles permitiu aprender sobre grandes figuras femininas que marcaron a humanidade, senón tamén expresarse a través da arte.

A proposta xurdiu como parte dunha actividade interdisciplinar que combinaba historia, arte e valores de igualdade de xénero. As rapazas e rapaces investigaron sobre mulleres que destacaron en distintos campos: política, ciencia, literatura, arte, deportes... O proceso creativo comezou cunha investigación profunda, seguida de debuxos e esbozos das figuras elixidas. 

Este mural, que agora adorna as paredes do noso centro educativo, non só se converteu nunha fermosa obra de arte, senón tamén nun recordatorio visual de que as mulleres foron e son fundamentais para o progreso da humanidade.

Esperamos que vos guste!



martes, 11 de marzo de 2025

REFORESTANDO A NOSA CONTORNA

boas de novo, Clementinos e Clementinas:

O alumnado de 3° e 4° de Primaria tivo a sorte de participar na reforestación de castiñeiros, cerdeiras, madroños,… no monte do Pazo, en Saiar. Grazas ao concello e a #asoprovida pola organización da actividade. Aquí vos deixamos un resumo da xornada.




sábado, 8 de marzo de 2025

8M: O XOGO DA CORRESPONSABILIDADE

Boas nenos, nenas e maiores:

O alumnado de Educación Infantil participou no Xogo da corresponsabilidade para aprender sobre a igualdade no reparto de tarefas.  Esta actividade foi organizada polo CIM_Igualdade do Concello de Caldas de Reis dentro das actividades do 8M. 

Grazas a Ana e a Vero por este xogo que nos gustou tanto.

Xogamos para construír un futuro máis igualitario!




jueves, 6 de marzo de 2025

8M: DIRECTAS AO ESPAZO

Boas Clementinas e Clementinos:

Comezamos coas actividades conmemorativas do 8M. Hoxe desfrutamos do espectáculo "Directas ao espazo" de Trémola Teatro, onde coñecemos as historias de Valentina Tereshkova e Sara García Alonso, dúas mulleres pioneiras na exploración espacial.

Esta actividade estivo organizada por CIM-Igualdade do Concello de Caldas de Reis.
Educando en igualdade!



viernes, 28 de febrero de 2025

DÍA DE ROSALÍA

Como vamos Clementinas e Clementinos?

Hoxe compartimos con todos vos o noso podcast de Rosalía, sumándonos á celebración do día da nosa poeta nacional cun programa especial de Radio Clementina. Para realizar este programa tomamos como referenza o manifesto da Asociación de escritores e escritoras en lingua galega, feiro por Marga do Val, onde reflexionamos sobre a nosa lingua, o Galego, sobre a nosa terra, e por tanto sobre a nosa identidade.

Esperamos que o desfrutedes!




jueves, 27 de febrero de 2025

TRANSFORMANDO AS NOSAS AULAS: PROMOVENDO UN AMBIENTE LIBRE DE BULLYNG

Bo día a toda a familia Clementina:

hOXE contamos cuns obradoiros impartidos por Carla, psicóloga da Fundación Amigos de Galicia, coa temática: Transformando as nosas aulas: promovendo un ambiente libre de bullying, seguro e respectuoso. Deixamos unhas fotos da actividade.

jueves, 13 de febrero de 2025

NOVOS SERVIZOS NO CEIP DE SAN CLEMENTE

 Bo día, familias:

Hoxe temos novas moi importantes, para o próximo curso contaremos con unha nova actividade:  Ludoteca apoiando ás familias da nosa contarna na conciliación, que en moitas ocasións, resulta complexa.

Recordade que o noso cole estavos esperando coas portas abertas! Concerta a túa cita neste mes de febreiro, e non vos preocupedes, adaptámonos, na medida do posible, ao voso horario.

Esperamos vervos moi prontiño!!



miércoles, 12 de febrero de 2025

DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

Boa tarde Clementinos e Clementinas:

Onte, para conmemorar o día da Muller e da Nena na Ciencia, estivemos experimentando con fluidos, cores, luces negras... iniciando aos nenos e nenas de Educación Infantil aso conceptos básicos de Física e Química. Abaixo podedes ver o ben que o pasaron, e non olvidedes pasar polo Facebook do cole, onde atoparedes todas as fotos dos nosos pequenos e pequenas disfrutando dos seus experimentos




martes, 11 de febrero de 2025

CHARLAS DE IGUALDADE: SÓ SÍ É SÍ

 Boas Clementinas e Clementinos:

Hoxe o alumnado de 4° de Educación Primaria tivo a súa primeira sesión do obradoiro "Só si é si" unha proposta para traballar o consentimento. Esta charla está organizada por CIM-IGUALDADE a través do Concello de Caldas de Reis. A próxima sesión será o vindeiro Luns 17 de febreiro. Achegamos algunhas das imaxes de hoxe.







jueves, 6 de febrero de 2025

CHARLA SOBRE CONVIVENCIA E PREVENCIÓN DE RISCOS NA REDE

Cómo estades Clementinos y Clementinas?

Los días 16 de enero y 6 de febrero, el alumnado de 5º y 6º de Educación Primaria participó en varias charlas que se enmarcan en el Plan Director de convivencia yMejorar la seguridad en los centros educativos y sus entornos. El tema fue el siguiente:

- Acoso/ciberacoso escolar.
- Las TIC y sus riesgos.
- Delitos de odio e discriminación.
- Otras adicciones (videojuegos, juegos de azar...)




lunes, 3 de febrero de 2025

MATRICÚLATE NO NOSO CENTRO!

Ola a todos os futuros Clementinos e Clementinas, e tamén a todas as familias!

O noso cole estavos esperando! Concerta a túa cita para coñecernos.

Durante este mes de febreiro temos as portas abertas. Contamos con vos!








viernes, 31 de enero de 2025

UVAS CLEMENTINAS

 Queridísimas Clementinas e Clementinos:

Rematamos un ano cargadiño de novas e boas experiencias, e imos a polo 2025!! Desexámosvos un novo ano cheo de ledicia, risas e saúde, e esperamos que este novo inicio nos traia grandes momentos na escola, momentos que atesouraremos por sempre e que farán deste 2025 un ano inolvidable.

Grazas por acompañarnos durante este 2024 e feliz ano!!