Bo día Clementinas e Clementinos:
Temos unha nova emocionante que compartir con toda a comunidade educativa: a nosa escola presentouse ao 1º Concurso de Podcast da Cadena SER… ¡e fomos seleccionados entre os doce centros finalistas!
O podcast que presentamos leva por título "Caldas no bo camiño" e foi realizado polo alumnado da aula de 4º de Primaria. Trátase dun programa de radio moi especial no que se explora a nosa vila, Caldas de Reis, desde a mirada curiosa e creativa dos máis pequenos.
A estrea oficial do podcast será o xoves 8 de maio a través das redes sociais do centro, onde poderedes escoitalo e compartir con nós este proxecto do que estamos tan orgullosos.
Seguiremos informando sobre esta aventura radiofónica tan especial. Grazas por acompañarnos sempre!