Durante o mes de Novembro, festaxamos o Mes da Ciencia da mellor maneira posible, facendo Ciencia e aprendendo novos conceptos.
O alumnado de Educación Infantil, desenvolveu na nosa Biblio Clementina un obradoiro de experimentos dando remate a este Mes da Ciencia en Galego. Primeiro, realizaron o "Fluído non Newtoniano" que consiste en mesturar fariña de millo con auga para xerar un fluído chamado "non Newtoniano", é dicir, que non ten unha viscosidade definida. Por iso, cando lle aplicamos moita presión compórtase como un sólido mentres que se lle aplicamos pouca, coma un líquido.
Despois, experimentaron coas luces e coas cores. Precisaron uns botes de cristal, colorante de cores, auga, unha lanterna e escuridade. Desta forma, a luz atravesa o vidro transparente proxectando as cores que contén. É así como conseguimos luces de cores!!
Desfrutade deste precioso video feito con todo o cariño polo noso alumnado de Educación Infantil:
Os rapaces e rapazas de 5° de Educación Primaria, con motivo do mes da ciencia, quixemos facer a nosa aportación para visibilizar algunhas das grandes mulleres científicas ao longo da historia; para elo fixemos unha labor de investigación de 12 mulleres científicas que recollemos nos nosos lapbook. Finalmente, culminamos o mes da ciencia converténdonos en científicos extraendo o ADN dalgunhas froitas como amorodos, plátanos e kiwi. Empregamos un microscopio e unha lupa binocular para ver como estaba formada a cadea do ADN.
O rapaces e rapazas de Educación Primaria, tamén fixeron a súa aportación, visibilizando a algunhas das grandes mulleres científicas ao longo da historia; para elo fixeron unha labor de investigación de 12 mulleres científicas que recollero nos seus lapbook. Finalmente, culminaron o mes da ciencia converténdonos en científicos extraendo o ADN dalgunhas froitas como amorodos, plátanos e kiwi. Empregando un microscopio e unha lupa
binocular para ver como estaba formada a cadea do ADN.
É para ver o ben que o pasaron e o moito qe aprenderon deixámosvos este video resumo:
Viva a Ciencia na Escola, e viva a Ciencia en Galego