viernes, 31 de enero de 2025

UVAS CLEMENTINAS

 Queridísimas Clementinas e Clementinos:

Rematamos un ano cargadiño de novas e boas experiencias, e imos a polo 2025!! Desexámosvos un novo ano cheo de ledicia, risas e saúde, e esperamos que este novo inicio nos traia grandes momentos na escola, momentos que atesouraremos por sempre e que farán deste 2025 un ano inolvidable.

Grazas por acompañarnos durante este 2024 e feliz ano!!



viernes, 20 de diciembre de 2024

UN NADAL DE PELÍCULA!

Jo, jo, jo! Bo Nadal Cementinas e Clementinos:

O último día de clase do 1° trimestre foi moi diferente. Participamos en tres obradoiros moi divertidos e disfrutamos dunha xornada con toda a comunidade educativa, tomando un chocolate con churros e as uvas clementinas. E de sorpresa os reis magos que non podían faltar neste día! Grazas á ANPA pola súa colaboración. #Nadal2024



miércoles, 18 de diciembre de 2024

SAN CLEMENTE EN RADIO "AROSA"

Benvidas e benvidos de novo Clementinas e Clementinos: 

Hoxe, o alumnado de 4° de E. Primaria, tivo a sorte de participar nun taller teórico- práctico na radio Arosa. Foi moi interesante e aprendemos moitísimo. De feito podedes escoitar un pouquiño máis abaixo o pedazo de programa que fixemos, a verdade e que somos uns cracks da Radio! #radioescolar


San Clemente en Radio Arosa



viernes, 8 de noviembre de 2024

XOGADE: CROSS NA ESCOLA

Xa estamos outra vez aquí Familias:

Hoxe participamos nunha carreira de Cross escolar na Azucreira de Portas ao abeiro do Programa da Consellería XOGADE promovido polo servizo provincial de Deportes. Nesta ocasión participaron as titorías de 2°, 3° e 4° de educación Primaria. A xornada déixanos algúns dos mellores momentos que facemos extensibles á nosa comunidade educativa a través de estas fotografías.Agradecer novamente ás nosas familias a total implicación neste tipo de actividades que promocionan a actividade física como medio para mellorar a calidade de vida.

Deixamosvos o enlace a continuación para que vexades o ben que o pasamos:

https://fb.watch/xy_MXv5T8Z/

MAGOSTO 2024

Bo día a todos os Magosteiros e Magosteiras:


Onte celebramos o Magosto no cole acompañados das nosas familias. Os alumnos/as de 6ºEP foron os encargados/as de asar as castañas e ofrecer doces caseiros.
Desfrutamos dos xogos magosteiros: o xogo da castaña, o tiro da corda , o estoupa globos e a carreira de sacos.
Tamén puidemos degustar o roscón que nos ofrecía a ANPA. Foi un día moi divertido!
🌰🌰







viernes, 1 de noviembre de 2024

SAMAÍN 2024

Boas Clementinas e Clementinos:

Celebramos o Samaín cun obradoiro de cabazas para dar por rematada a estación do verán e dar a benvida ao outono, mantendo así a tradición que comezaron os nosos antepasados celtas de tallar cabazas para os defuntos. #samaín2024




lunes, 14 de octubre de 2024

ERASMUS DAYS EN SAN CLEMENTE!

Bo día Clementinos e Clementinas:

Neste podcast, despois da introdución que fai o noso profesorado, ides escoitar ao alumnado de 3º de primaria contándonos algunhas curiosidades sobre as linguas que se falan no noso país.

Comezamos, por tanto, e xunto coa man do Equipo Erasmus a nosa andaina por Eurtopa no terceiro ciclo, vai ser unha experiencia inolvidable, e imos aprender moitísismas cousas novas. Que ganas tiñamos de comezar!!




viernes, 6 de septiembre de 2024

BENVIDOS E BENVIDAS AO CURSO 2024-2025

 
Bo día a todas as Clementinas e Clementinos!

Volvemos outro curso máis a darvos a todos e atodas a benvida. Estamos desexando compartir aventuras que este novo ano traerá.

Moita sorte, moito ánimo e a desfrutar do curso 2024/2025


viernes, 17 de mayo de 2024

LETRAS GALEGAS: LUISA VILLALTA

Boas lectores e lectoras:

O alumnado de EP estivo investigando sobre a vida e obra de Luísa Villalta, a autora á que se lle dedica as Letras Galegas deste ano. Os debuxos que aparecen no vídeo son feitos polo alumnado. Esperamos que os disfrutedes!




LETRAS GALEGAS: OS PREXUIZOS CONTRA O GALEGO

Boas Clementinos e Clementinas:

O alumnado de 6º de EP, preparou un Podcast onde abordan unha temática moi importante nesta semana de conmemoración da semana das letras galegas: Os prexuízos sobre a nosa lingua Galega.

Agardamos que vos guste e sobre todo que o compartades para facer chegar esta mensaxe a canta máis xente mellor!



jueves, 16 de mayo de 2024

ROSALÍA HOXE: CAPÍTULO 4

 Bos días queridos e queridas oíntes de RadioClementina:

Benvidos ao noso podcast "Rosalía hoxe", unha visión da actualidade do noso tempo a través da ollada da nosa poetisa nacional, Rosalía de Castro.

Neste cuarto capítulo, "O cambio climático e o coidado dos nosos ríos e mares" presentado pola mestra María Cristina Baamonde e coa participación dos alumnos Félix Luna, Manuel Rey e Brais Fariña de 5º de EP, os nenos e nenas da nosa escola, reflexionan sobre dous temas que preocuparían a Rosalía e de seguro serían obxecto da súa obra, igual que o foron outras problemáticas sociais que afectaron á Galiza do seu tempo e que a nosa escritora plasmou nos seus textos.



miércoles, 15 de mayo de 2024

ROSALÍA HOXE: CAPÍTULO 3

 Bos días queridos e queridas oíntes de RadioClementina.

Benvidos ao noso podcast "Rosalía hoxe", unha visión da actualidade do noso tempo a través da ollada da nosa poetisa nacional, Rosalía de Castro.

Neste tercer capítulo, "O cambio climático e o coidado dos nosos ríos e mares" presentado pola mestra Clara Bugallo e coa participación dos alumnos Martín Muñiz e Sara García de 5º de EP e Noa Carvalhais de 4º de EP, os nenos e nenas da nosa escola, reflexionan sobre dous temas que preocuparían a Rosalía e de seguro serían obxecto da súa obra, igual que o foron outras problemáticas sociais que afectaron á Galiza do seu tempo e que a nosa escritora plasmou nos seus textos.
Estreamos ás 12.40! non faltedes



martes, 14 de mayo de 2024

ROSALÍA HOXE: CAPÍTULO 2

 Bos días queridos e queridas oíntes de RadioClementina:

Benvidos ao noso podcast "Rosalía hoxe", unha visión da actualidade do noso tempo a través da ollada da nosa poetisa nacional, Rosalía de Castro.

Como en programas anteriores, os alumnos e alumnas da nosa escola continúan a reflexionar sobre a actualidade do noso país seguindo o exemplo da nosa poetisa nacional Rosalía de Castro.
Este segundo capítulo: "A nosa lingua e o coidado da natureza" está presentado pola mestra Melisa González, coa participación dos alumnos Xana Pantín de 3º de EP e Noa Figueiro de 4º de EP.