Durante este segundo trimestre, o alumnado de Educación Infantil e 1º cicloestivo a realizar diversas actividades dentro do programa Vexo, veo Xacobeo do Plan Proxecta co obxectivo de achegar ao alumnado o significado e os valores do Camiño de Santiago e traballar estes conceptos que forman parte da súa contorna social e cultural. Plantamos árbores, realizamos traballos artísticos, visitamos o Camiño...
Deixámosvos algunhas imaxes da realización de diversas actividades así como un vídeo da elaboración da Torta de Santiago. Esperamos que as disfrutedes!
Con motivo da conmemoración do 8-M organizamos no centro unha serie de charlas en colaboración coa fundación Inspiring Girls, a cal ten por misión aumentar as inspiracións das nenas, poñéndoas en contacto con mulleres inspiradoras que poidan servirlles de exemplo e referentes.
Este curso contamos con mulleres marabillosas como Ana Miguéns, Ruth Caramés, Carmen Casal, Ana Martínez e Ana Belén Pazo as cales agradecemos a súa dedicación e implicación co noso alumnado.
Tamén complementamos esta semana con outra serie de actividadescomo o espectáculo "Elas contan moito" de Migallas Teatro na biblioteca do noso centro. Foi unha sesión de contos e música en directo abordando a temática da igualdade entre homes e mulleres que gustou moito ao noso alumnado.
Na etapa de educación infantil asistiu, no Auditorio Municipal, ao espectáculo "Os contos do avó, mulleres galegas" a cargo de MeRe Clown co obxectivo principal de sensibilizar ao alumnado sobre a importancia de acadar unha sociedade igualitaria visibilizando distintas mulleres galegas que deixaron pegada coa súa valentía e intelixencia.
Grazas ao concello de Caldas de Reis por organizar esta actividade e por seguir traballando coa nosa escola dun xeito tan enriquecedor!
O 3 de decembro celebramos o Día Internacional das persoas con discapacidade ou diversidade funcional.
No cole fixemos varias actividades para traballar a reflexión e a sensibilización que nos leve á inclusión de todos e todas en todos os aspectos da vida.
Visualizamos o vídeo-conto “O cazo de Lorenzo” feito polo Departamento de Orientación o curso pasado e desenvolvemos a actividade “sombreiros diferentes” na que todo o centro participou e que no día de hoxe pechamos coa presentación e visualización do vídeo “E ti… por que es diferente? (elaborado por todo o alumnado, persoal docente e non docente).
Desexamos que vos guste e agradecemos a vosa implicación.
Este 23 de febreiro, data do aniversario de Rosalía de Castro, o noso centro prepoarou diversos murais, Podcast e poesías que recollen un repaso da vida e obra desta gran autora galega, a máis representativa por excelencia, que nos deixou obras mestras tan relevantes como "As de Cantar" de "Cantares Gallegos" (versionado polo alumnado de 2º ciclo de Primaria).
Para continuar coa conmemoración do Día de Rosalía, tivemos tamén un recitado conxunto do Poema "Adiós Ríos, Adiós Fontes" da Autora, na Biblioteca Escolar para todo o alumnado do centro.
Agardamos que desfrutedes con este contido que ten por obxecto dar a coñecer a vida e obra da autora:
O alumnado de 5º de Educación Primaria, tennos unha moi boa sorpresa, esta semana comezan a nova serie de Producións Clementinas: Booktubers! Nela, os nenos e nenas recomendarannos as súas lecturas favoritas
Hoxe, presentan os seu primeiro capítulo, onde nos falaran do libro "Loss compas 3 y la cámara del tiempo". Esperamos que vos guste!
Para conmemorar o Día Mundial forestal 2024 o alumnado de Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria, non dubidou en calzar as botas e plantar no monte da nosa parroquia de San Clemente, 200 árbores de distintas especies (castiñeiros, cerdeiras, pradairo e nogais) na compaña do alumnado doutros centros do concello. Reforestamos parte do Camiño coa axuda do persoal do Concello de Caldas, que nos ensinou como facelo e porque estabamos empregando estas especies autóctonas e non outra que soemos ver como Eucaliptos ou Pinos.
Dentro duns anos, cando miremos ese novo bosque recordaremos esta estupenda actividade!!
Pola Candeloria medio inverno vai fóra! Así que comezamos a semana, aproveitando para visitar a fermosa fraga que arrodea a nosa fermosa escola.
Esta andaina foi toda unha aventura para os máis cativos da escola, que acompañados do grupo de 6° de Educación Primaria, percorreron as distintas sendas, escalando, atravesando regatos; mentres observaban a flora e a fauna do lugar.
Hoxe no Centro conmemoramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. Este ano, cada aula sorprendeou con unha idea orixinal, por exemplo o alumnado de terceiro de Primaria preparou un fermosisimo audiovisual sobre os Premios Nóbel da Paz, ou o alumnado de máis pequeno, que derrubou os muros da violencia coa súa interpretación do clásico libro "Abajo los muros".
Para rematar o trimestre fixemos unha festa de Nadal con diferentes obradoiros e chocolate con churros a cargo da ANPA do centro. Tamén tivemos a visita dos Reis Magos e tomamos as uvas clementinas.
Durante esta última semana preparamos agasallos, decoramos o centro e puxemos todo a punto para despedir o ano e festexar estas festas. Esperamos que o pasárades tan ben coma nos.
Xa tedes no voso espazo Abalar as novas recomendación de Inverno para este curso escolar. Como todos os anos dende o Equipo de Biblioteca do CEIP de San Clemente, queremos facervos algunhas recomendacións de lecturas para que pasedes o frío do xeito máis divertido posible.
Grazas pola vosa atención e esperamos que vos guste.
Hoxe, tivemos a visita do Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades anunciando un investimento de arredor de 425.000€ para reformas no centro. E, evidentemente, tamén pasou pola nosa Biblioteca a botar unha ollada.
Estas reformas non van ser simplemente melloras estruturais, senón a materialización dun compromiso coa seguridade, o confort e o ambiente propicio para a aprendizaxe. Non só vai beneficiar aos que actualmente forman parte desta comunidade educativa, senón que tamén sentarán as bases para xeracións futuras, proporcionándolle un entorno propicio para o seu desenvolvemento integral.
Estamos profundamente agradecidos á Consellería polo seu apoio e colaboración.
Podedes acceder a máis información no portal educativo da Xunta de Galicia pinchando nos seguintes enlaces: