Queridas Clementinas e Clementinos:
O 2 de abril celébrase o día mundial de concienciación sobre o autismo. Desde o noso centro quixemos visibilizar e promover a inclusión das persoas con espectro autista en todos os ámbitos da súa vida. E, apoiando o lema da campaña deste ano “Autismo preto de ti”, propuxemos ao resto dos centros educativos do Concello de Caldas unirse ao noso nunha gran “marcha azul”.
Marcha solidaria coa que quixemos cambiar a nosa mirada e lograr un cambio de actitude que desemboque en comprensión, tolerancia e respecto cara ás persoas con espectro autista e ás súas familias.
Desde o Departamento de Orientación presentámosvos o vídeo elaborado para a conmemoración deste día. Esperamos que vos guste moito.
XUNTOS CELEBRAMOS A DIVERSIDADE E PROMOVAMOS A INCLUSIÓN!