lunes, 13 de mayo de 2024

ROSALÍA HOXE: CAPÍTULO 1

 Bos días queridos e queridas oíntes de RadioClementina:

Benvidos ao noso podcast "Rosalía hoxe", unha visión da actualidade do noso tempo a través da ollada da nosa poetisa nacional, Rosalía de Castro.

Os nenos e nenas da nosa escola, o CEIP Plurilingüe San Clemente de Cesar, van a reflexionar sobre dous temas que preocuparían a Rosalía e que de seguro serían obxecto da súa obra, igual que o foron outras problemáticas sociais que afectaron á Galiza do seu tempo e que a nosa escritora plasmou nos seus textos.

Este é o primeiro episodio: "O custo da vida e os perigos das adicións" presentado pola mestra Ana Cubero, coa participación dos alumnos Lucía Fojo de 3º de EP e Ramón Ríos de 5º de EP.