miércoles, 31 de enero de 2024

DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

Bo día Clemetinas e Clementinos:

Hoxe no Centro conmemoramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. Este ano, cada aula sorprendeou con unha idea orixinal, por exemplo o alumnado de terceiro de Primaria preparou un fermosisimo audiovisual sobre os Premios Nóbel da Paz, ou o alumnado de máis pequeno, que derrubou os muros da violencia coa súa interpretación do clásico libro "Abajo los muros".

https://www.facebook.com/ceip.sanclemente/posts/pfbid07vGfdQTZQuVrjwJDckquEksVgT2WAgSFeRaN5Z95TPGqLzeaqgNPX5zAXGRcuyfRl

Fixemos un traballo en equipo para demostrar que a paz é o único camiño. Este é o resultado de traballar unidos e respectándonos.







lunes, 22 de enero de 2024

MERENDAS SAUDABLES EN CALDAS DE REIS

Compartimos con vós a información por se é do voso interese.

FORMACIÓN PARA FAMILIAS SOBRE NUTRICIÓN INFANTIL
Día: 25 de xaneiro.
Hora: 17.00 h
Lugar: Capilla del CPR La Encarnación.
Están convidadas todas as familias dos centros do Concello de Caldas de Reis.





martes, 26 de diciembre de 2023

CHEGOU O NADAL!

Para rematar o trimestre fixemos unha festa de Nadal con diferentes obradoiros e chocolate con churros a cargo da ANPA do centro. Tamén tivemos a visita dos Reis Magos e tomamos as uvas clementinas.

Durante esta última semana preparamos agasallos, decoramos o centro e puxemos todo a punto para despedir o ano e festexar estas festas. Esperamos que o pasárades tan ben coma nos.

Felices Festas a todas e a todos!




jueves, 21 de diciembre de 2023

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA AS VACACIÓN DE INVERNO

Queridas e queridos lectores:

Xa tedes no voso espazo Abalar as novas recomendación de Inverno para este curso escolar. Como todos os anos dende o Equipo de Biblioteca do CEIP de San Clemente, queremos facervos algunhas recomendacións de lecturas para que pasedes o frío do xeito máis divertido posible. 

Grazas pola vosa atención e esperamos que vos guste.

Felices Festas! E vémonos o proximo ano!




martes, 5 de diciembre de 2023

VISITA DO CONCELLEIRO DE CULTURA, EDUCACIÓN, F.P. E UNIVERSIDADES

 NOVAS CLEMENTINAS!!!

Hoxe, tivemos a visita do Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades anunciando un investimento de arredor de 425.000€ para reformas no centro. E, evidentemente, tamén pasou pola nosa Biblioteca a botar unha ollada.
Estas reformas non van ser simplemente melloras estruturais, senón a materialización dun compromiso coa seguridade, o confort e o ambiente propicio para a aprendizaxe. Non só vai beneficiar aos que actualmente forman parte desta comunidade educativa, senón que tamén sentarán as bases para xeracións futuras, proporcionándolle un entorno propicio para o seu desenvolvemento integral.
Estamos profundamente agradecidos á Consellería polo seu apoio e colaboración.
Podedes acceder a máis información no portal educativo da Xunta de Galicia pinchando nos seguintes enlaces:






jueves, 30 de noviembre de 2023

25N: DÍA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

O pasado luns 27 de novembro, conmemoramos no centro o día internacional contra a Violencia de Xénero. Comezamos ca lectura dun manifesto elaborado polo alumnado de 6º de educación primaria no pavillón do centro diante do resto de alumnado e profesorado o cal se atopaba manifestándose contra esta lacra da nosa sociedade. Dende cada titoría preparáronse carteis reivindicativos que están expostos na parte exterior do centro para facer extensible a todos vós a nosa mensaxe. Rematamos este acto coa reproducción da canción "unha mirada máis".

MES DA CIENCIA EN GALEGO








Durante o mes de Novembro, festaxamos o Mes da Ciencia da mellor maneira posible, facendo Ciencia e aprendendo novos conceptos.

O alumnado de Educación Infantil, desenvolveu na nosa Biblio Clementina un obradoiro de experimentos dando remate a este Mes da Ciencia en Galego. Primeiro, realizaron o "Fluído non Newtoniano" que consiste en mesturar fariña de millo con auga para xerar un fluído chamado "non Newtoniano", é dicir, que non ten unha viscosidade definida. Por iso, cando lle aplicamos moita presión compórtase como un sólido mentres que se lle aplicamos pouca, coma un líquido.

Despois, experimentaron coas luces e coas cores. Precisaron uns botes de cristal, colorante de cores, auga, unha lanterna e escuridade. Desta forma, a luz atravesa o vidro transparente proxectando as cores que contén. É así como conseguimos luces de cores!!

Desfrutade deste precioso video feito con todo o cariño polo noso alumnado de Educación Infantil:

Os rapaces e rapazas de 5° de Educación Primaria, con motivo do mes da ciencia, quixemos facer a nosa aportación para visibilizar algunhas das grandes mulleres científicas ao longo da historia; para elo fixemos unha labor de investigación de 12 mulleres científicas que recollemos nos nosos lapbook. Finalmente, culminamos o mes da ciencia converténdonos en científicos extraendo o ADN dalgunhas froitas como amorodos, plátanos e kiwi. Empregamos un microscopio e unha lupa binocular para ver como estaba formada a cadea do ADN.

O rapaces e rapazas de Educación Primaria, tamén fixeron a súa aportación, visibilizando a algunhas das grandes mulleres científicas ao longo da historia; para elo fixeron unha labor de investigación de 12 mulleres científicas que recollero nos seus lapbook. Finalmente, culminaron o mes da ciencia converténdonos en científicos extraendo o ADN dalgunhas froitas como amorodos, plátanos e kiwi. Empregando un microscopio e unha lupa binocular para ver como estaba formada a cadea do ADN.

É para ver o ben que o pasaron e o moito qe aprenderon deixámosvos este video resumo:

Viva a Ciencia na Escola, e viva a Ciencia en Galego

viernes, 10 de noviembre de 2023

DÍA DA VISIBILIZACIÓN DO TDAH

 O pasado 27 de outubro celebrouse o día do TDAH en España. O trastorno por déficit de atención e hiperactividade é unha afección crónica. Inclúe unha combinación de problemas persistentes, tales como dificultade para manter a atención, hiperactividade e comportamento impulsivo.

Dende o Departamento de Orientación animámosvos a visualizar un pequeno vídeo: "TDAH: Tú Decides AHora" co que estivemos traballando nas aulas.


Esperamos que vos guste.



MAGOSTO CLEMENTINO 23/24

 O pasado venres, 27 de outubro, tódolos nenos e nenas do colexio celebramos o magosto acompañados das nosas familias. Foi unha mañá cargada de ledicia e risas grazas aos xogos magosteiros: carreira de sacos, estoupa globos, o xogo da castaña e o tiro da corda. Os alumnos/as de 6° EP foron os encargados de adozar a xornada cunhas castañas asadas así coma cuns saborosísimos doces caseiros. Moitas grazas por acompañarnos neste día.

🌰🌰🌰








Samaín Clementino 23/24

 O xoves, 26 de outubro, celebramos o Samaín cun obradoiro de cabazas para dar por rematada a estación do verán e dar a benvida ao outono; mantendo así a tradición que comezaron os nosos antepasados celtas de tallar cabazos para os defuntos.

Aproveitamos para mesturar os grupos e traballar en equipo e quedounos a mellor exposición de cabazas de todo Caldas e incluso de Galicia, pero non queremos presumir!! Grazas familias pola vosa colaboración!!












para dar por rematada a estación do verán e dar a benvida ao outono; mantendo así a tradición que comezaron os nosos antepasados celtas de tallar cabazos para os defuntos.

GOZA DO TEU SAMAÍN

 A nosa curtametraxe, GOZA DO TEU SAMAÍN, foi seleccionada como finalista da Sección Escolas Galegas do FICBUEU 2023 dentro da categoría de Educación Especial, Infantil e Primaria. O alumnado de 4º de Educación Primaria, creador da curta o curso pasado, puido participar no festival GALA ESCOLAS GALEGAS celebrada no Centro Social de Bueu o pasado 23 de setembro, xunto cos demais finalistas. Aínda que non obtivemos o premio gañador pasámolo en grande. Deixámosvos unhas fotos do día. Deixamosvos o enlace ao link de facebook para que podades volver a ver esta maravillosa produción: https://www.facebook.com/100063670388504/videos/pcb.865450122253993/875510757127744?locale=es_ES









🎃

miércoles, 25 de octubre de 2023

INSTALACIÓN DE OUTONO EN EDUCACIÓN INFANTIL

Para adentrarnos no outono, os nenos e nenas de Educación Infantil fixeron unha saída pola nosa contorna máis próxima, aproveitando para recolectar diferentes produtos do outono como castañas, landras, follas de diferentes árbores, piñas... Todo isto utilizárono para facer unha instalación xunto con outros aportados polas familias.
As instalacións constitúen espazos de experimentación no que os nenos e nenas, a partir de obxectos sinxelos e atractivos, van construíndo os seus propios coñecementos. Para elo, as mestras dos máis pequenos e pequenas prepararon o espazo previamente cos diferentes produtos para que elas e eles poidesen experimentar dun xeito libre.

Viva o Outono!


martes, 16 de mayo de 2023

LETRAS GALEGAS 2023

Presentamos os Podcast creados polo alumnado de Educación Infantil e de 4º e 5º de Primaria, para a conmemoración do Día das Letras Galegas 2023.



Debemos mencionar que estes Podcast presentáronse ao
V Concurso de Podcast de Radio na Biblio.