viernes, 8 de noviembre de 2024
XOGADE: CROSS NA ESCOLA
MAGOSTO 2024
Bo día a todos os Magosteiros e Magosteiras:
Onte celebramos o Magosto no cole acompañados das nosas familias. Os alumnos/as de 6ºEP foron os encargados/as de asar as castañas e ofrecer doces caseiros.
Desfrutamos dos xogos magosteiros: o xogo da castaña, o tiro da corda , o estoupa globos e a carreira de sacos.
Tamén puidemos degustar o roscón que nos ofrecía a ANPA. Foi un día moi divertido! ![]()
![]()
viernes, 1 de noviembre de 2024
SAMAÍN 2024
Boas Clementinas e Clementinos:
Celebramos o Samaín cun obradoiro de cabazas para dar por rematada a estación do verán e dar a benvida ao outono, mantendo así a tradición que comezaron os nosos antepasados celtas de tallar cabazas para os defuntos. #samaín2024
lunes, 14 de octubre de 2024
ERASMUS DAYS EN SAN CLEMENTE!
Bo día Clementinos e Clementinas:
Neste podcast, despois da introdución que fai o noso profesorado, ides escoitar ao alumnado de 3º de primaria contándonos algunhas curiosidades sobre as linguas que se falan no noso país.
Comezamos, por tanto, e xunto coa man do Equipo Erasmus a nosa andaina por Eurtopa no terceiro ciclo, vai ser unha experiencia inolvidable, e imos aprender moitísismas cousas novas. Que ganas tiñamos de comezar!!
viernes, 6 de septiembre de 2024
BENVIDOS E BENVIDAS AO CURSO 2024-2025
Bo día a todas as Clementinas e Clementinos!
Volvemos outro curso máis a darvos a todos e atodas a benvida. Estamos desexando compartir aventuras que este novo ano traerá.
Moita sorte, moito ánimo e a desfrutar do curso 2024/2025
viernes, 17 de mayo de 2024
LETRAS GALEGAS: LUISA VILLALTA
LETRAS GALEGAS: OS PREXUIZOS CONTRA O GALEGO
Boas Clementinos e Clementinas:
O alumnado de 6º de EP, preparou un Podcast onde abordan unha temática moi importante nesta semana de conmemoración da semana das letras galegas: Os prexuízos sobre a nosa lingua Galega.
jueves, 16 de mayo de 2024
ROSALÍA HOXE: CAPÍTULO 4
Bos días queridos e queridas oíntes de RadioClementina:
Benvidos ao noso podcast "Rosalía hoxe", unha visión da actualidade do noso tempo a través da ollada da nosa poetisa nacional, Rosalía de Castro.
miércoles, 15 de mayo de 2024
ROSALÍA HOXE: CAPÍTULO 3
Bos días queridos e queridas oíntes de RadioClementina.
Benvidos ao noso podcast "Rosalía hoxe", unha visión da actualidade do noso tempo a través da ollada da nosa poetisa nacional, Rosalía de Castro.
martes, 14 de mayo de 2024
ROSALÍA HOXE: CAPÍTULO 2
Bos días queridos e queridas oíntes de RadioClementina:
Benvidos ao noso podcast "Rosalía hoxe", unha visión da actualidade do noso tempo a través da ollada da nosa poetisa nacional, Rosalía de Castro.
lunes, 13 de mayo de 2024
ROSALÍA HOXE: CAPÍTULO 1
Bos días queridos e queridas oíntes de RadioClementina:
Benvidos ao noso podcast "Rosalía hoxe", unha visión da actualidade do noso tempo a través da ollada da nosa poetisa nacional, Rosalía de Castro.
viernes, 3 de mayo de 2024
2 de abril: DÍA DO AUTISMO
Queridas Clementinas e Clementinos:
O 2 de abril celébrase o día mundial de concienciación sobre o autismo. Desde o noso centro quixemos visibilizar e promover a inclusión das persoas con espectro autista en todos os ámbitos da súa vida. E, apoiando o lema da campaña deste ano “Autismo preto de ti”, propuxemos ao resto dos centros educativos do Concello de Caldas unirse ao noso nunha gran “marcha azul”.
BOOKTUBERS CAPÍTULO 8: "TOBY Y PIPO ¡A LA CARRERA!"
Queridos lectores e lectoras:
No día de hoxe temos a Mateo como novo Booktuber recomendándonos un dos títulos que máis lle gustou este ano, "Toby y Pipo ¡a la carrera!".
Espermaos que vos guste!
