martes, 25 de noviembre de 2025

25 N


O que de verdade importa é unha serie de pódcast elaborado polo alumnado de 5º de educación primaria no que abordan conmemoracións e efemérides que son importantes coñecer a fondo. Neste primeiro capítulo abordan o Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller, contándonos a historia das irmáns Mirabal.


Cada 25N lembramos a importania de construir unha sociedade libre de violencia cara as mulleres. Este curso convertemos a nosa radio escolar nun espazo simbólico: as ondas da radio enchéronse de bolboretas con mensaxes de igualdade, respecto e cariño. Cada bolboreta representa unha voz que di NON Á VIOLENCIA!


O alumnado de 4º de educación Primaria elaborou un mural para conmemorar este día.


Dende a Biblioteca escolar compartimos os mellores libros para traballar esta temática na entrada do centro para que toda a comunidade educativa tivese acceso a eles. 






viernes, 7 de noviembre de 2025

A teteira de Kabul

O alumnado de terceiro e cuarto de educación primaria foi ao Auditorio Municipal de Caldas de Reis para asistir a un espectáculo de monicreques sobre as persoas refuxiadas. Esta obra conta a historia de Mina, unha nena que ten que abandonar o seu fogar por mor da guerra do seu país, Afganistán.

viernes, 31 de octubre de 2025

Contos de Samaín

"Os contos do Samaín" é un podcast do alumnado de terceiro de primaria no que nos contan historias de medo creadas por eles mesmos. Ao longo do podcast ides poder coñecer a Chonco, o paiaso malvado ademáis de gozar con historias de vampiros, casas encantadas, lobishomes e ata dinosaurios que nos fan pasar un Samaín terrorífico pero sobre todo... moi, moi divertido!




viernes, 24 de octubre de 2025

Día das Bibliotecas

 

Para conmemorar o Día Internacional das Bibliotecas, o alumnado do CEIP Plurilingüe San Clemente de Cesar queremos recomendarche algúns libros. Para iso, fixemos un mural coas portadas dos nosos libros preferidos, debuxadas por nós mesmos. E ti, cal recomendas?





Ademais, parte do alumnado de quinto e sexto de educación primaria, convertéronse en detectives literarios para conmemorar o Día das Bibliotecas. A través desta actividade o alumnado puido coñecer máis en profundidade a biblioteca do centro e, deste xeito, localizar libros por temáticas. Outro dos obxectivos foi redescubrir o catálogo de libros existente e, por suposto, as novas adquisicións das que dispón a nosa biblioteca.




lunes, 8 de septiembre de 2025

Benvidos/as ao Curso 2025/2026. Nace "Radio CLementina"


Arrancamos un novo curso na nosa Biblioteca Clementina con máis enerxía que nunca e cargados de novidades. Este ano, o fío conductor que encherá de vida o noso colexio será o mundo das ondas: A Radio.

Non camiñamos sós. A biblioteca será o corazón de moitas actividades, pero traballaremos man a man nunha coordinación estreita con outros equipos fundamentais do centro como o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) para potenciar o uso da nosa lingua a través dos micros; o Equipo de Estraescolares, para dar visibilidade a todo o que acontece fóra das aulas; e o Claustro de mestres, integrando a radio como unha ferramenta de aprendizaxe en todas as materias.


Neste blog iremos colgando todas as actividades planificadas e organizadas polo Equipo de Biblioteca. Será o noso escaparate para: 

- Escoitar pódcast e programas que o alumnado vai gravando.

- Ver as fotos das xornadas especiais ou obradoiros.


Estamos convencidos de que a radio nos axudará a mellorar a comunicación, a creatividade e, sobre todo, a divertirnos aprendendo.


Preparade os cascos... porque empezamos a emitir!

Na entrada principal recolleremos as actividades propias da biblioteca e para acceder ao proxecto do centro accederedes dende o proxecto do centro (Radio Clementina (marxe dereito).

Empezamos a organizarnos...

Estade atentos/as!!




viernes, 9 de mayo de 2025

O NOSO PODCAST PARA OS PREMIOS JOSÉ HERMIDA, NA CADENA SER

Ola de novo a todas e a todos:

Hoxe estreamos o podcast "Caldas no bo camiño" gravado polo alumnado de cuarto de primaria. Este traballo é un programa de radio en formato magacine que presenta a nosa vila de Caldas de Reis a todos os oíntes da cadena SER para que poidan coñecer mellor o noso pobo.

Este podcast está nominado a mellor podcast de radio escolar nos premios
do concurso José Hermida da cadena SER que van ser entregados ás 10:30​ horas mañá venres 9 de maio, na sede da UNED en Pontevedra.
Animámosvos a seguir a gala nesta ligazón https://www.youtube.com/watch?v=Nfc7zPaHHKs ás 10:45 do venres e de seguido, escoitedes o programa especial cos gañadores, Hoy por Hoy Pontevedra-Arosa I Premios José Hermida ás 12:25 ben a través da aplicación ou das nosas emisoras convencionais: Radio Pontevedra no 98.7 fm, Radio Arosa 92.6 fm ou Radio Pontevedra Deza-Tabeiros 92.2 fm.



martes, 6 de mayo de 2025

1º CONCURSO DE PODCAST NA CADENA SER

Bo día Clementinas e Clementinos:

Temos unha nova emocionante que compartir con toda a comunidade educativa: a nosa escola presentouse ao 1º Concurso de Podcast da Cadena SER… ¡e fomos seleccionados entre os doce centros finalistas!

O podcast que presentamos leva por título "Caldas no bo camiño" e foi realizado polo alumnado da aula de 4º de Primaria. Trátase dun programa de radio moi especial no que se explora a nosa vila, Caldas de Reis, desde a mirada curiosa e creativa dos máis pequenos.

A estrea oficial do podcast será o xoves 8 de maio a través das redes sociais do centro, onde poderedes escoitalo e compartir con nós este proxecto do que estamos tan orgullosos.

Seguiremos informando sobre esta aventura radiofónica tan especial. Grazas por acompañarnos sempre!




viernes, 25 de abril de 2025

SEMANA DO LIBRO: MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES

 Boas de novo familia Clementina:

Un ano máis, celebramos con moita ilusión a Semana do Libro no noso centro, e unha das actividades estrela foi, sen dúbida, a xa tradicional iniciativa de Madriñas e Padriños Lectores. Esta proposta tan especial converte aos nenos e nenas maiores en referentes lectores para os máis pequenos, creando un fermoso vínculo a través dos contos.

Durante as semanas previas, o alumnado preparou con coidado as lecturas escollidas en grupos, elixindo contos axeitados para o público infantil e practicando a entoación, a expresividade e a lectura compartida. Este traballo culminou nun momento moi agardado: a lectura no patio da escola, durante as dúas últimas horas dunha xornada da Semana do Libro, convertida xa nunha festa das palabras.

Os máis pequenos escoitaron con atención e ilusión os contos narrados polas súas madriñas e padriños lectores, que demostraron moita responsabilidade, cariño e entusiasmo no seu papel. Foi un momento cheo de emocións, no que os libros foron pontes entre idades, fomentando o gusto pola lectura e os valores da colaboración e o coidado mutuo.

Desde a Biblioteca queremos agradecer a todos e todas as participantes —lectoras e escoitadoras— por facer desta actividade unha experiencia tan significativa. Actividades coma esta lembran a todos que ler é compartir, e que os libros, cando viaxan de man en man e de voz en voz, medran e fan medrar.

Moitas grazas a todo centro, mestras e alumnas, por sacar adiante esta actividade!



viernes, 11 de abril de 2025

OBRADOIRO DE RECICLAXE

 Bo día Clementinos e Clementinas:

O pasado 12 de maio, o noso centro acolleu unha charla educativa sobre reciclaxe, unha actividade organizada polo equipo de educación ambiental en colaboración coa Biblioteca. O obxectivo desta charla foi sensibilizar ao alumnado sobre a importancia do reciclaxe e o coidado do medio ambiente, fomentando hábitos máis responsables e sustentables no día a día.

Durante a sesión, os rapaces e rapazas tiveron a oportunidade de aprender de maneira práctica e amena sobre os diferentes tipos de residuos, os métodos axeitados para a súa separación e os beneficios que o reciclaxe ten para o noso planeta. A charla foi impartida por un experto na materia, quen compartiu co alumnado exemplos reais de como as nosas accións diarias poden ter un gran impacto no coidado do medio ambiente.

Un dos momentos máis interesantes foi cando o ponente explicou a importancia de reducir, reutilizar e reciclar en tres pasos simples, animando aos estudantes a levar esas prácticas ás súas casas e ao seu entorno. A actividade tamén incluiu algúns xogos e dinámicas que axudaron a interiorizar os conceptos de forma lúdica e participativa.

A través desta charla, queremos lembrar que a educación ambiental é unha parte fundamental do noso traballo diario e que todos, grandes e pequenos, temos un papel clave na protección do planeta. A Biblioteca do Centro segue comprometida coa formación dos nosos alumnos e alumnas, non só no ámbito literario, senón tamén en valores de sostibilidade e respectuoso co medio ambiente.

Agradecemos a todos os que participaron nesta charla e animamos a seguir aplicando os coñecementos adquiridos na nosa vida diaria. Coas pequenas accións de cada un de nós, podemos facer grandes cambios no mundo.



sábado, 5 de abril de 2025

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

Boas a todas as familias e aos nenos e nenas de San Clemente:

O pasado 2 de abril, con motivo do Día Mundial do Autismo, o noso centro organizou unha actividade especial para sensibilizar a toda a comunidade educativa sobre a importancia de comprender e apoiar as persoas con trastorno do espectro autista (TEA). O lema deste ano, "Somos Infinitos", foi a base para as actividades realizadas, que buscaban destacar a singularidade e as habilidades infinitas de cada persoa, independentemente das súas diferenzas.

Durante a xornada, o alumnado de todos os cursos participou na creación dun simbólico símbolo de infinito, que foi plasmado nunha gran pancarta que decorou o centro. Este símbolo representaba a nosa crenza na infinita capacidade de cada persoa, e a súa forza e potencia como ser humano único. Para completar a actividade, fixáronse fotos con todo o alumnado reunido baixo a pancarta, creando un momento visualmente impactante que reflectía a unión do centro baixo o lema da actividade.

A parte máis reflexiva e educativa tivo lugar nas titorías, onde se falaron de maneira aberta e respectuosa sobre o autismo. O alumnado puido coñecer mellor o trastorno, as súas características e, sobre todo, as oportunidades de inclusión que todos e todas debemos promover na nosa sociedade. Para reforzar esta aprendizaxe, visionáronse varios curtometraxes que axudaron a sensibilizar aos nenos e nenas sobre a realidade das persoas con autismo, facendo que se sentirán máis identificados e comprendidos cos seus compañeiros e compañeiras.

Esta actividade foi unha oportunidade para que todos os membros da comunidade educativa do noso centro se unisen na tarefa de crear un espazo máis inclusivo e respetuoso. Como comunidade, sabemos que somos infinitos cando nos apoiamos mutuamente, celebramos as nosas diferenzas e aprendemos uns dos outros.

Queremos agradecer a todo o alumnado e profesorado pola súa implicación nesta actividade, e animar a seguir traballando xuntos para facer do noso centro un lugar onde todos, sen excepción, se sintan valorados e respectados.

Deixámosvos o video para que podades desfrutar deste nova actividade:



jueves, 27 de marzo de 2025

DÍA DA POESÍA: CONCURSO DE MICROPOEMAS

Bo día Clemntinas e Clementinos:

Con motivo da celebración do Día da Poesía, a Biblioteca do centro, en colaboración co equipo de Normalización Lingüística, organizou un concurso de micropoesía no que participou todo o alumnado do centro. Unha actividade que se consolidou como un fermoso e creativo xeito de conmemorar a poesía e, ao mesmo tempo, afondar na riqueza da nosa lingua.

O desafío era sinxelo pero intrigante: crear un micropoema utilizando a palabra "fala". A palabra, cargada de significado e simbolismo, foi o punto de partida para que os estudantes de todas as idades exploraran a súa creatividade e expresaran en poucas palabras todo un universo de sentimentos e pensamentos.

O obxectivo do concurso non só era fomentar a escrita e a reflexión sobre a linguaxe, senón tamén dar a oportunidade ao gañador ou gañadora de representar o centro na Festa da Lingua do 17 de maio, Día das Letras Galegas. Aínda que todos os participantes demostraron un gran talento, foi Aroa Caeiro quen se levou o primeiro posto, cuxa micropoesía, coa súa forza e emotividade, conquistou ao xurado.

Porén, o máis importante de todo foi a experiencia compartida de crear os micropoemas. Tanto os estudantes como os mestres desfrutaron do proceso creativo, que non só lles permitiu afondar na beleza da poesía galega, senón tamén fortalecer o vínculo co noso idioma e cultura. Cada micropoema foi unha pequena obra de arte que fixo brillar a potencia da nosa lingua.

Queremos felicitar a Aroa Caeiro polo seu gaño e desexar que, no próximo Día das Letras Galegas, a súa voz resoe na festa da lingua, transmitindo todo o amor que sentimos pola nosa cultura e o noso idioma. Non podemos deixar de agradecer tamén a todo o alumnado que participou, demostrando que, con poucas palabras, a poesía ten o poder de conectar, emocionar e reflexionar.



viernes, 21 de marzo de 2025

DÍA DA POESÍA

Bo día a todas e a todos!

O pasado 21 de marzo, coincidindo co Día da Poesía e o Día da Árbore, a Biblioteca do noso centro acolleu unha actividade moi especial. O alumnado de 4º de Primaria participou na creación de varias poesías inspiradas na natureza, unha maneira fermosa de conmemorar ambos os días e de conectar co mundo que nos rodea.

A actividade tivo como obxectivo fomentar a creatividade dos rapaces e rapazas, ao mesmo tempo que se reflexionaba sobre a importancia de coidar o medio ambiente e valorar a natureza. A través das súas palabras, os nosos pequenos poetas expresaron a súa visión das árbores, os animais, as flores e os diferentes elementos naturais que forman parte do noso día a día.




DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN

 Benqueridas Clementinas e Clementinos:

O Día do Síndrome de Down é unha xornada para reflexionar sobre a igualdade, a diversidade e a importancia de crear unha sociedade inclusiva onde todas as persoas, con ou sen discapacidade, sexan tratadas con dignidade e respeto. Este ano, no noso centro educativo, decidimos conmemorar esta data dunha maneira especial e creativa. A actividade proposta consistiu en que todos os alumnos e alumnas trouxesen ao cole calcetíns de diferentes cores para crear unha composición fotográfica colectiva.

A iniciativa tiña como obxectivo visibilizar a diversidade e a beleza da diferenza. Ao igual que os calcetíns de diferentes cores, cada persoa é única e aporta algo especial á comunidade. A través de algo tan simple como un calcetín, quixemos transmitir que a diversidade é algo que debemos celebrar, non só o 21 de marzo, senón todos os días do ano.

Ademais, ao longo do día, realizamos unha charla na que falamos sobre o síndrome de Down, aprendendo sobre as capacidades e fortalezas das persoas que viven con esta condición. Discutimos a importancia da inclusión, a empatía e o respecto mutuo, e como pequenas accións como a que levamos a cabo ese día poden contribuír a mellorar a integración e visibilidade das persoas con síndrome de Down na sociedade.